Quiosco: Galicia Histórica número 92

Está dedicado á presenza da catedral de Santiago no cine e televisión

8/11/2024 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: historiaaudiovisualQuiosco
13 lecturas | Compartido 0 veces

Rodaxe de A casa da Troia (1924)

O novo número de Galicia Histórica, o boletín editado polo arquivo da Catedral de Santiago, dedica unha primeira entrega á presenza da catedral de Santiago no cine e a televisión, a partir da indagación nos fondos documentais da institución e na consulta da prensa local. A publicación comeza dando conta da rodaxe do primeiro filme no que aparece a catedral, La casa de la Troya, rodado en 1924 a partir da exitosa novela homónima. Nos documentos obsérvanse os recelos do Cabildo da catedral -e o apoio do arcebispo, á filmación de escenas no interior do templo. O caderno dá tamén conta de diferentes filmacións do NO-DO ou mesmo da película Orgullo e paixón, de Stanley Kramer (1957), onde se concedeu permiso para filmar escenas desde os balcóns da catedral.

Universo culturagalega.gal

Contextos