Este martes dez de agosto comeza a súa andaina o novo programa de visitas da Catedral de Santiago. A Fundación Catedral achega a partir deste mes a posibilidade de visitar o templo en horario nocturno, cando xa está fechado ao público. A oferta pretende "pór en valor o resultado de todos os traballos de restauración e conservación que se foron desenvolvendo nos últimos anos, asà como a nova iluminación instalada" na basÃlica.
As visitas poderán facerse en dúas quendas diarias, ás 22:30h e ás 23:00h entre luns e sábado, agás no venres onde só haberá a segunda destas visitas. Por unha entrada de 25 euros que se pode reservar no web da Fundación Catedral, cada persoa poderá percorrer o interior do templo, a incluÃr o Pórtico da Gloria, a tribuna, o tesouro ou a capela das reliquias. Os percorridos faranse en grupos de 25 persoas máximo acompañadas de guÃas profesionais de turismo, e a entrada dará ademais dereito a visitar o Museo da Catedral no mesmo dÃa da visita ou na xornada seguinte.