O 2 de xaneiro abren as visitas ao Pórtico da Gloria

A partir dese día péchase o acceso ás cubertas da Catedral

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A Catedral de Santiago abrirá de novo o Pórtico da Gloria ás visitas o vindeiro 2 de xaneiro. Desta volta, previa reserva a través dunha plataforma electrónica ou no despacho de billetes da Catedral. A Fundación da Catedral avisa tamén da posibilidade de acceso en horario gratuíto, na billeiteira ubicada nun dos baixos da Casa do Deán. Cada día entregaranse so convitoes para o día seguinte. Haberá 50 entradas diarias gratuítas para o público xeral e 100 entradas para os composteláns o domingo pola tarde. As obras de rehabilitación da catedral de cara o vindeiro Ano Santo obrigan ao peche temporal das visitas ás cubertas a partir do 2 de xaneiro.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Pórtico da Gloria, Catedral de Santiago, Ano Xacobeo