A Catedral de Santiago pon en marcha un programa de actividades

Coñece a túa catedral inclúe visitas guiadas, concertos ou exposicións

18/12/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Tarifas especiais, visitas guiadas e nocturnas, concertos, exposicións e mesmo un vídeo promocional fan parte do programa Coñece a túa catedral. O administrador do templo, Francisco Domínguez, presentaba onte esta iniciativa, que se prolongará ata marzo e que inclúe visitas ao Museo, ás cubertas ao Pórtico da Gloria e mais ás escavacións arqueolóxicas que se desenvolven no recinto. O Coro e Orquestra Sinfónica do Conservatorio de Santiago abren o programa musical da iniciativa cun concerto o día 19, e a Escolanía da Catedral e Coro de Nenos da Sinfónica de Galicia serán os seguintes cunha actuación conxunta o día 28.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Exposicións, Catedral de Santiago, Pórtico da Gloria