
Tras da premiada 'Nación' (2020), Margarita Ledo dirixe 'Prefiro condenarme' e asina o guión xunto con Eva Veiga. No filme, usando de novo a linguaxe da docu-ficción, a cineasta conta a historia real de Sagrario Fra, mariscadora de Ferrol á que en 1972 a Audiencia Eclesiástica de Santiago de Compostela xuzgou por cometer adulterio. Nese momento da nosa historia recente eran moitas as mulleres que eran encarceradas ou encerradas nun hospital psiquiátrico por ese motivo, considerado como acto criminal. A actitude de Sagrario Fra foi a de insubordinación. A pelÃcula conta esta historia na que se entrelazan desexo, desobediencia e clase social no tempo da ditadura, en que cuestións como o chamado adulterio ou o abandono do fogar eran considerados "delitos especÃficos das mulleres". O filme rodouse nos meses de xaneiro e febreiro en distintas localizacións galegas como Lugo, Castro de Rei, Ferrol, Fene, Pontedeume o Santiago de Compostela, onde tamén puido gravar dentro da Catedral, entre outras localizacións. As actrices Melania Cruz, Iria Piñeiro e Mónica Camaño conforman a parte protagonista do elenco artÃstico.