Do 7 ao 24 de novembro Cineuropa celebrará en Santiago a súa 38ª edición, a cuarta como certame competitivo. O programa inclúe máis de 130 filmes alén de concertos, debates, encontros con cineastas e actividades formativas. Baixo o lema 'O corazón do cinema é a liberdade' e con Abraham Lincoln no cartel o festival presenta unha manchea de filmes que conectan pasado co presente de máis actualidade e conforman a sección temática da que devén o lema da edición: 'Henry Fonda for President. O corazón do cinema é a liberdade', un percorrido sobre un actor-mito que prestou corpo e voz á historia estadounidense en múltiples pelÃculas, encarnando os ideais da súa sociedade, ideais sobre os que xirarán numerosas proxeccións e actividades paralelas do festival. Na súa presentación, o director de Cineuropa, José LuÃs Losa, anunciou a entrega das distincións honorÃficas deste ano a traxectoria ao director ferrolán Alberto Gracia, a actriz hispano-sueca Ingrid Garcia-Jonsson, e o a realizadora brasileira Flávia Castro.
A entrega do galardón a Gracia terá lugar o martes 12 no Teatro Principal, nun acto que incluirá a proxección da súa pelÃcula 'La Parra', que acaba de recibir o premio da sección Alquimias da Seminci. Ingrid GarcÃa-Jonsson recollerá o seu galardón o xoves 14 tamén no Teatro Principal, nunha gala que gardará lugar para a proxección de 'Una ballena', o seu traballo máis recente baixo a dirección de Pablo Hernando. Finalmente, a realizadora brasileira Flávia Castro, cuxo cinema explora a memoria da ditadura en Brasil recibirá a máxima distinción do festival o mércores 20 no Salón Teatro. Presentará 'Diário de uma busca', a partir dos recordos da súa propia infancia como refuxiada brasileira no Santiago bombardeado durante o golpe de Pinochet.
Audiovisual galego
Nesta edición do festival o audiovisual galego estará presente con oito longametraxes e catorce longametraxes. O último traballo de Margarita Ledo, 'Prefiro condenarme', que ten a súa estrea mundial en Sevilla o vindeiro dÃa 9 de novembro, proxectarase o dÃa 21 de novembro no Salón Teatro, xusto antes da súa estrea en cines e contará cun coloquio coa realizadora lucense. Tamén poderá verse o filme 'Aurora' de Area Erina e proxectarase o filme 'As Neves', a primeira longa de Sonia Méndez. A lista de longametraxes galegas inclúe 'Buscando a Santa Compaña' de Fernando Cortizo; 'Filmei paxaros voando', de Zeltia Outeiriño; 'Pico sacro'', de Alberto Lobelle e 'The Unbearing (Estado de necesidade)' das irmás galegas Alberto-Sobrino, afincadas en Utah coñecidas como ALSO Sisters.
Actividades paralelas: debates, encontros e proxeccións especiais
O programa da 38ª edición de Cineuropa garda tamén lugar para numerosas actividades paralelas. Alén dos xa clásicos concertos da Real FilharmonÃa de Galicia e Banda Municipal de Música de Santiago, o festival mantén a súa cita coas proxeccións especiais de Cineuropa Miúda (dirixidas á rapazada de diferentes idades) e volve abeirar a proxección dos traballos finalistas de Xuventude Crea na modalidade de videocreación. Ademais, acolle a presentación dunha selección de curtametraxes desenvolvidas pola mocidade participante no proxecto Cinema en Curso, programa un encontro do director Spiros Javides, unha homenaxe a José Val del Omar, unha xornada formativa sobre 'Novas solucións de financiamento para a produción audiovisual', en colaboración con AGAPI, EGEDA e Segoventure, e unha mesa de debate sobre a revolución interpretativa do Actor's Studio tomando como escusa o centenario do nacemento de Marlon Brando. Todas as actividades e proxeccións poden consultarse xa no programa dispoñible na web do evento.