20/06/2024
As axudas a salas de cinema reparten 132.160 euros entre 7 espazos
A Axencia Galega das Industrias Culturais daba a coñecer este 20 de xuño a resolución das axudas para "Proxectos de innovación, funcionamento dixitalizado e sustentable, creación e fidelización de públicos e adaptación aos novos hábitos de consumo audiovisual para salas de exhibición cinematográfica". En total sete espazos deste tipo, xestionados por seis empresas, reparten os 132.160 euros da concesión..
Amplía a nova>>
04/06/2024
Oito comunidades galegas no exterior acollerán o ciclo Mestre Mateo
A terceira edición do Ciclo Mestre Mateo levará a oito comunidades galegas no exterior os filmes finalistas dos premios deste nome. Centros en Rio de Janeiro e São Paulo (Brasil) La Plata e Avellaneda (Arxentina), Montevideo (Uruguai), Ingolstadt (Alemaña), Donostia (País Vasco) e Pamplona (Navarra) acollerán as proxeccións desta iniciativa que promove a Academia Galega do Audiovisual en colaboración coa Secretaría Xeral de Emigración..
Amplía a nova>>
29/05/2024
O galego ten futuro nos podcasts
A vitalidade das linguas minoritarias no terreo dixital supón un feito fundamental para a preservación dos legados culturais e un xeito de garantir que tanto a cultura como a comunidade representadas por dita lingua sexan preservadas e continúen "florecendo". Con esa premisa o Anuario de cultura dixital 2024 elaborado pola entidade pública Acción Cultural Española (AC/E) inclúe un informe neste sentido, estudando o xeito en que as linguas minoritarias están representadas en diversas manifestacións do espazo dixital, fundamentalmente nas expresións culturais incluíndo os máis recentes hábitos de consumo. O documento tira conclusións e presenta datos moi enfocados na comparativa entre as seis linguas cooficiais existentes en España. .
Amplía a nova>>
27/05/2024
Pablo Dopazo triunfa en Cans con 'O frío'
A curta 'O frío' do director Pablo Dopazo foi elixida polo xurado do Festival de Cans como gañadora na sección de Ficción e Dopazo ademais obtivo o premio ao Mellor Director. Unha vez coñecido o palmarés desta edición, ao final do festival resultou o filme de Dopazo como o máis premiado xa que tamén levou o galardón ao Mellor Actor polo papel interpretado por José María Sanjurjo. A curta 'O frío' foi premiada polo xurado polo súa capacidade para "facer sentir a distancia, o desafecto e o frío". O filme. Inspirado nunha historia real, ten como protagonista a un home que traballa nun mercado de abastos dunha cidade galega e un día recibe unha chamada que perturba a súa vida normal e fai que o pasado volva. O Premio do Xurado dos Veciños e Veciñas á Mellor Curtametraxe de Ficción/Animación foi para 'Aquarium' da realizadora italiana afincada en Galicia Marguerita Morello..
Amplía a nova>>
24/05/2024
Máis de 130 proxeccións de audiovisual de vangarda internacional no (S8)
A 15ª edición do (S8) Mostra de Cinema Periférico, que terá lugar do 31 de maio ao 9 de xuño en diferentes localizacións da cidade da Coruña contará con máis de 130 proxeccións do audiovisual de vangarda. Estreas, obras inéditas, referentes internacionais convidados, retrospectivas únicas en Europa e unha aposta clara polas novas xeracións de artistas fan da (S8) unha cita referente arredor do cinema experimental. O discurso fílmico das creadoras de vangarda imponse nunha programación que atravesa a obra de referentes como Narcisa Hirsch, falecida hai poucas semanas e a quen se lle dedica este ano o festival, cunha primeira gran retrospectiva da súa obra. .
Amplía a nova>>
23/05/2024
Premio de Honra da AGAPI para Rosa Moledo
A Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) ven de facer pública a designación da tradutora e asesora lingüística Rosa Moledo como receptora do Premio de Honra Dolores Ben na súa terceira edición. O recoñecemento, que leva o nome de quen foi presidenta da AGAPI durante doce anos, busca recoñecer a persoas ou institucións que encarnan os valores de loita e defensa do ben común que ela mesma representaba. Nese sentido desde AGAPI ven en Rosa Moledo eses valores polo seu traballo de 30 anos no audiovisual dedicándose á tradución de numerosas producións de cine e televisión e como asesora e supervisora lingüística tanto en sesión de dobraxe coma en rodaxes. A entrega do galardón terá lugar o vindeiro día 18 de xuño en Cinemar Films ás 19h, estudio cinematográfico de son fundado por Dolores Ben no ano 2006, situado no polígono de Novo Milladoiro, moi preto de Santiago de Compostela. O I Premio de Honra Dolores Ben recaeu na poetisa e xornalista cultural Ana Romaní e o II Premio de Honra foi para a xornalista Tareixa Navaza..
Amplía a nova>>
23/05/2024
Bota a andar con quince proxectos o Ames AV Lab
Un total de quince proxectos, catro series, seis curtametraxes, tres longametraxes e dous documentais, participan da primeira edición do Ames AV Lab. O Laboratorio de Aceleración de Proxectos Audiovisuais que promove o Concello de Ames coa Deputación da Coruña inicia en maio as súas actividades de formación, asesoramento e mentorización para contribuír ao desenvolvemento destas propostas..
Amplía a nova>>
08/05/2024
Pontevedra será a nova sede dos Premios Feroz
O alcalde do Concello de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores ven de asinar un acordo coa presidenta da Asociación de Informadores Cinematográficos de España (AICE), María Guerra, para que a vila acolla as dúas vindeiras edicións da gala de entrega dos Premios Feroz de longametraxes cinematográficos de España que organiza esta asociación. Mediante este importante acordo Pontevedra entra no mapa audiovisual estatal no que é un impulso ao audiovisual da cidade, que organiza o festival Novos Cinemas e alberga a Facultade de Comunicación Audiovisual, e tamén un recoñecemento á crecente importancia e capacidade da industria audiovisual galega no seu conxunto. Os Premios Feroz son unha cita cada vez máis importante para a cinematografía estatal, emuladora dos Golden Globes estadounidenses, e que se ten celebrado anteriormente en Madrid, Bilbao (2019), Alcobendas (2020) e Zaragoza (2022 y 2023). Á primeira das citas, que reunirá nunha cea-gala a máis dun milleiro de persoas da industria audiovisual estatal, terá lugar o vindeiro 25 de xaneiro de 2025 no recinto feiral da cidade do Lérez. Agárdase unha grande alfombra vermella con numerosos rostros coñecidos do cine español entre so que sen dúbida haberá importantes presenzas galegas. Nos pasados anos intèrpretes como Luis Zahera ou maría Pujalte recolleron algún destes galardóns..
Amplía a nova>>
08/05/2024
Chega aos cines o filme 'As Neves'
Tras dúas preestreas na Fonsagrada e na Coruña, e o seu pase polo 27º Festival de Cine de Málaga, este venres chegará ás salas comerciais o filme 'As Neves', debut na longametraxe de ficción da actriz realizadora Sonia Méndez, que asina tamén o guión. 'As Neves' é un filme de intriga ambientado nunha vila de montaña que se achega cunha mirada íntima á xeración nova que vive no contraste da hiperconexión e o illamento. Na noite do Entroido un grupo de adolescentes da vila celebra una festa e toman setas alucinóxenas por primeira vez. Ao día seguinte espertan cun temporal de neve e coa noticia de que Paula, unha das rapazas da festa, desapareceu. Mentres, a vila queda incomunicada e cae internet. Cada vez é máis urxente atopala. Comeza unha investigación que causará un profundo cambio nas súas vidas e na súa relación co mundo. O filme, rodado na súa versión orixinal en galego, está protagonizado por Andrea Varela e David Rodríguez Fernández ('Live is life'), ao que se suman novos talentos galegos que debutan na película como Antía Mariño, Xacobe Bruña e Irene Rodríguez, coa colaboración especial de Lucía Veiga ('Rapa', 'El desorden que dejas'). O filme está produción por Aquí y Allí Films e Cósmica Producións e distribuído en salas por Sideral Cinema. .
Amplía a nova>>
08/05/2024
David Trueba, María Vázquez e Kepa Junquera pasarán polo XXI Festival de Cans
O director David Trueba, a actriz María Vázquez, o músico vasco Kepa Junquera e a banda de Muros The Rapants serán algúns dos protagonistas principais da XXI edición do Festival de Cans que terá lugar entre o 21 e o 25 de maio. Serán cinco xornadas cheas de cine, música, coloquios e multitude de actividades paralelas nesta aldea do Porriño que consolidouse nestes últimos anos como unha importante iniciativa cultural con repercusión dentro e fora de Galicia. O Torreiro de Cans acolleu a rolda de prensa de presentación do evento, coa asistencia, entre outras autoridades, do conselleiro de Cultura da Xunta, José López Campos, e do alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo. Durante a presentación o director do festival, Alfonso Pato, explicou que durante as cinco xornadas do festival haberá máis de cen proxeccións das que un total de 35 serán estreas..
Amplía a nova>>