O director David Trueba, a actriz MarÃa Vázquez, o músico vasco Kepa Junquera e a banda de Muros The Rapants serán algúns dos protagonistas principais da XXI edición do Festival de Cans que terá lugar entre o 21 e o 25 de maio. Serán cinco xornadas cheas de cine, música, coloquios e multitude de actividades paralelas nesta aldea do Porriño que consolidouse nestes últimos anos como unha importante iniciativa cultural con repercusión dentro e fora de Galicia. O Torreiro de Cans acolleu a rolda de prensa de presentación do evento, coa asistencia, entre outras autoridades, do conselleiro de Cultura da Xunta, José López Campos, e do alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo. Durante a presentación o director do festival, Alfonso Pato, explicou que durante as cinco xornadas do festival haberá máis de cen proxeccións das que un total de 35 serán estreas.
Entre os nomes que pasarán polo festival este ano atópanse o director de cine David Trueba, un dos nomes máis destacados de panorama cinematográfico español dos últimos anos e que participará nun coloquio cos veciños e visitantes en Cans o sábado 25. A actriz MarÃa Vázquez, moi vinculada ao festival desde hai anos, recibirá o venres 24 o Premio Pedigree de Honra que recoñece o seu especial agarimo a Cans e a súa traxectoria como unha das intérpretes españolas máis importantes dos últimos anos.
No que se refire á programación cinematográfica, hai que destacar a presenza este ano en Cans de representantes da produtora francesa Sociéte Acéphale (Anthony Lapia, Lorenzo Bianchi ou Eliza Muresan, entre outros) que será a protagonista de sección Foco Internacional. No festival poderán verse nunha retrospectiva varias longametraxes desta produtora e haberá sesións de exhibición de curtas. Ademais, o festival terá como longametraxe de apertura o xoves 23 o filme "Alumbramiento" do director catalán Pau Teixidor e con MarÃa Vázquez no reparto. Outros dos focos importantes na programación do festival será a proxección do filme "As Neves" da directora e guionista Sonia Méndez. Tamén hai que destacar a estrea en Cans da sección "Cineherdanzas", que nesta ocasión recupera o patrimonio fÃlmico de Carlos Asorey, un esquecido cineasta galego dos anos 70.
Na sección competitiva Furacáns proxectaranse un total de dez curtametraxes, das cales a metade serán estreas absolutas e un 40 por cento das mesmas están dirixidas por mulleres cineastas. Dentro de Furacáns inclúese a cinta do cineasta americano Andrew Frinkielman, que estreará en Cans a súa curta "The death of the last francoist mayor" (A morte do último alcalde franquista), un singular ensaio fÃlmico realizado durante o enterro de Senén Pousa, o considerado último alcalde que enxalzaba publicamente a Franco. Ademais desta curta, outras catro obras terán a súa estrea absoluta nesta sección. Outra delas será "Vivir Cantando", unha reflexión sobre a memoria filmada, dirixida polo cineasta da Mariña Lázaro Louzao. Entre as estreas desta edición tamén estarán "Lo Ãntimo", unha obra rodada en Indonesia que mestura as reflexións da viaxe con reflexións Ãntimas, dirixida por Sara Horta e Susana Sotelo. A cineasta Silvia MuÃña, que xa competira anteriormente nesta sección, estreará en Cans "Yvonne, the power of words" (Yvonne, o poder das palabras), unha curta rodada en Inglaterra sobre unha poeta que leva vinte anos encamada, sobrevivindo entre a frustración e as ganas de vivir, e á que a cineasta asistiu como coidadora persoal. Por último, outra das estreas será "AÃnda hoxe as horas", da cineasta de A Lima Miriam Opazo.
Cartel musical
No apartado musical, o mércores 22 terá lugar unha homenaxe ao artista vasco Kepa Junquera, na que estará presente o propio músico que dará nome a un Jaliñeiro. A homenaxe completarase coa exhibición de dúas pezas documentais sobre o acordeonista, que sufriu un ictus hai uns anos. Os concertos, que xa se converteron nunha tradición en Cans, terán este ano como principais protagonistas á banda de Muros The Rapants. Ademais, no escenario principal da Leira do Rio Estrella Galicia tamén actuarán Nat Simons e Combo Paradiso. A programación musical contará con outros concertos de formato máis pequeno con bandas como Lontreira e artistas como Susana Seivane ou Su Garrido Pombo.