Novas | 3351 a 3360 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

25/04/2007
Vicente Aranda roda en Vigo a súa adaptación da obra de Juan Marsé

“Canciones de amor en Lolita´s club” é unha obra de Juan Marsé que suma xa a cuarta adaptación cinematográfica. A última estase a rodar en Vigo desde esta fin de semana con Vicente Aranda como director e Eduardo Noriega como principal reclamo e Xosé Manuel Olveira “Pico”, como única representación galega. Trátase da primeira rodaxe que se produce no país despois dun primeiro trimestre sen actividade deste tipo e chegará as carteleiras a principios do 2008.. Amplía a nova>>

25/04/2007
Cuba e a lusofonía centran os ciclos de cine da Universidad de Santiago

O cine protagoniza a axenda cultural universitaria estes días. Dunha banda porque a Universidade de Santiago estrea hoxe un ciclo luso-afro-brasileiro. Un evento que comeza hoxe coa proxección na residencia Monte da Condesa do filme angolano “Comboio da canhoca”, séguelle a brasileira “Zuzu ángel” e o venres pecha coa produción portuguesa “Coisa ruim”. Da outra, porque a Vicerreitoría de Cultura e a Cátedra de Cultura Cubana Alejo Carpentier da USC organizan o xoves unha xornada na que estarán o guionista de ‘Fresa y chocolate’ e a reitora do Instituto Superior de Arte da Universidade das Artes de La Habana.

Máis información no web da USC sobre o ciclo lusófono e a cultura cubana

. Amplía a nova>>

25/04/2007
Antón Dobao presenta en Santiago a longametraxe “O bosque de levas”

Foi presentada no Festival de Cine Español de Málaga e agora fará parte do cartel dos de Sitges, Montecarlo e Edimburgo, a película dirixida por Antón Dobao “O bosque de levas” chegaba onte ao Teatro Principal. A produción fai parte da segunda parte de “Un mundo de historias”, co que a Televisión de Galicia producía filmes para televisión baseados en textos da literatura galega. “O bosque de levas” é a adaptación cinematográfica da novela homónima escrita por Alfonso Álvarez Cáccamo.

Máis información sobre a produción na súa ficha e na nosa hemeroteca sobre o proxecto “Un mundo de historias”

. Amplía a nova>>

23/04/2007
A norteamericana Fantastic Factory distribuirá as producións de Dygra en todo o mundo

“O espírito do bosque” é a última produción de animación de Dygra, e a primeira que distribuirán os Estados Unidos a través de Fanstastic Factory. A empresa coruñesa acaba de chegar a un acordo coa empresa americana para a venda en exclusiva das películas da produtora galega en todo o mundo. Un camiño importante na internacionalización dos seus traballos e un paso adiante dos marcados por Dygra dentro do seu plan de expansión.

Máis información en Dygra

. Amplía a nova>>

23/04/2007
A India e Cuba acollen dous ciclos de proxección de producións galegas

O sector audiovisual galego ten un reto pendente na súa internacionalización. Por iso, é boa nova que as nosas producións estean a se exhibir en Cuba e na India. En Cuba grazas ao I Encontro do Audiovisual que promove a Secretaría de Comunicación, cunha proxección de filmes, a sinatura dun convenio co Instituto Cubano de Arte para desenvolver proxectos conxuntos e a recuperación dunha vintena de documentais que se depositarán no CGAI. Da outra, grazas ao Centro de Estudos de Español, Portugués e Italiano da Universidade Jawaharlal Nehru, en Nova Delhi poderanse ver as últimas producións galegas, acompañadas de clásicos como “Sempre Xonxa” de Chano Piñeiro.

Máis información sobre o encontro Cubano no web da Xunta e sobre o encontro en Nova Delhi en La Voz de Galicia

. Amplía a nova>>

20/04/2007
A Academia Galega do Audiovisual crea un circuíto para dar a coñecer os Premios Mestre Mateo

O vindeiro 9 de maio o Teatro Colón da Coruña acollerá a gala de entrega dos premios mais destacados do audiovisual galego, os Mestre Mateo. Este ano, a Academia Galega do Audiovisual quere convertelo nun referente popular, para iso acaba de dar a coñecer que na semana anterior á entrega dos premios proxectarán nas diferentes sedes que a Fundación Caixa Galicia ten espalladas por toda Galicia. Unha forma de achegar as películas e curtametraxes candidatos a todo o público. Polo demais, a Academia concedeu o Premio de Honra Fernando Rey a Pedro Amalio López, pola súa traxectoria.

Máis información no web da Academia Galega do Audiovisual e coñece os finalistas na nosa nova. Consulta as fichas de De Bares, De Profundis, Mía Sarah, Un franco, 14 pesetas, A casa de 1906 en AVG, consulta o pdf cós candidatos

. Amplía a nova>>

19/04/2007
A Fundación Feima proxecta en Madrid curtametraxes galegas mentres Redondela inaugura o seu festival coa presenza de Carlos Iglesias

As curtametraxes son as protagonistas das dúas vindeiras citas do audiovisual. Unha delas terá lugar en Madrid e leva por título Iº Festival do Audiovisual de Produción Galega que organiza a Fundación Feima en colaboración co Consorcio Audiovisual de Galicia e no que se proxectarán todas os traballos que conforman os programas “Curtas” mais o de documentais “Docs Galicia 06”. A outra será en, Redondela onde hoxe comeza o seu festival de curtametraxes coa presenza de Carlos Iglesias e Isabel Blanco.

Máis información no web da Fundación Feima e no web de Redondela en Curto

. Amplía a nova>>

16/04/2007
A segunda cadea de TVE emite hoxe a produción galega “Un Franco, 14 pesetas”

Unha das películas revelación do 2006 chega hoxe á segunda cadea de TVE. Ás 21:30 horas, o novo horario de “Versión española” terá lugar a estrea en televisión da ópera prima de Carlos Iglesias, “Un franco, 14 pesetas”. O filme, coproducido por Adivina Producciones y Drive Cine, recadou desde a súa estrea máis dun millón e medio de euros e ocupou o posto 17 entre as longametraxes máis vistas.

Máis información na súa ficha en AVG

. Amplía a nova>>

16/04/2007
O audiovisual galego cumpre tres meses sen rodar películas

Por primeira vez en varios anos, o sector audiovisual galego pecha un trimestre sen rexistrar ningunha rodaxe. Segundo publicou “La Voz de Galicia” esta fin de semana, o sector sufre un parón motivado, principalmente, por dúas causas: o atraso na convocatoria de axudas da Administración e a reestructuración da corporación RTVE.

Máis información en La Voz de Galicia

. Amplía a nova>>

12/04/2007
Unha empresa galega crea un videoclube en liña no que se poden ver producións galegas

“Trece badaladas”, “O Cid. A lenda” e “Arde Amor” son algúns dos títulos do noso audiovisual que se poden ver en “Videoclub on line”, un video club en liña que acaba de presentar unha empresa galega, Nai Enterntainment. Un espazo na rede onde se poden comprar ou alugar películas tanto para descarga como visionado en streaming con alta calidade.

Coñece o Videoclub

. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org