O cine protagoniza a axenda cultural universitaria estes días. Dunha banda porque a Universidade de Santiago estrea hoxe un ciclo luso-afro-brasileiro. Un evento que comeza hoxe coa proxección na residencia Monte da Condesa do filme angolano Comboio da canhoca, séguelle a brasileira Zuzu ángel e o venres pecha coa produción portuguesa Coisa ruim. Da outra, porque a Vicerreitoría de Cultura e a Cátedra de Cultura Cubana Alejo Carpentier da USC organizan o xoves unha xornada na que estarán o guionista de Fresa y chocolate e a reitora do Instituto Superior de Arte da Universidade das Artes de La Habana.
Máis información no web da USC sobre o ciclo lusófono e a cultura cubana








