O espírito do bosque é a última produción de animación de Dygra, e a primeira que distribuirán os Estados Unidos a través de Fanstastic Factory. A empresa coruñesa acaba de chegar a un acordo coa empresa americana para a venda en exclusiva das películas da produtora galega en todo o mundo. Un camiño importante na internacionalización dos seus traballos e un paso adiante dos marcados por Dygra dentro do seu plan de expansión.
Máis información en Dygra








