Canciones de amor en Lolita´s club é unha obra de Juan Marsé que suma xa a cuarta adaptación cinematográfica. A última estase a rodar en Vigo desde esta fin de semana con Vicente Aranda como director e Eduardo Noriega como principal reclamo e Xosé Manuel Olveira Pico, como única representación galega. Trátase da primeira rodaxe que se produce no país despois dun primeiro trimestre sen actividade deste tipo e chegará as carteleiras a principios do 2008.








