Novas | 3341 a 3350 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

03/05/2007
Cultura convoca a axudas para a escrita de guións con 150.000 euros

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe (número 85) unha liña de axudas da Consellaría de Cultura para o sector audiovisual. Concretamente para a escrita de guións para longametraxe de ficción, documental ou película para televisión. En total destina 150.000 euros e entre os criterios para concedelas figura a calidade, a viabilidade na execución do proxecto e o currículo profesional.

Máis información no DOG

. Amplía a nova>>

03/05/2007
Lugo e Pontevedra centran unha nova xornada previa aos Mestre Mateo

Xa queda menos para coñecer os gañadores desta edición dos premios máis importantes do audiovisual galego. Pero mentres, os que queiran coñecer as producións candidatas teñen unha cita nas sedes da Fundación Caixa Galicia e nas provincias de Lugo e Pontevedra onde hoxe se centran as actividades organizadas pola Academia Galega do Audiovisual a tal fin.

Máis información no web da Academia Galega do Audiovisual

. Amplía a nova>>

02/05/2007
O Centro Galego de Artes da Imaxe dedica un ciclo ao cinema rupturista e insubmiso

“Les amants réguliers” co que o francés Philipe Garrel recibiu o premio da crítica FIPRESCI na cerimonia dos galardóns da Academia de Cine Europeo abre o ciclo co que o CGAI celebra a edición española de “Cahiers du cinema”. “The Sun” de Aleksandr Sokurov e “Ao leste dos raís: ferruxe”, de oito horas de duración sobre a China contemporánea, fan parte deste ciclo.

Máis información no web do CGAI

. Amplía a nova>>

02/05/2007
As actividades da Semana do Audiovisual céntrase hoxe na provincia de Ourense

Ás 10:00 da mañá comeza no I.E.S Cosme López Rodríguez da Rúa (“A biblioteca da Iguana”) a primeira das actividades previstas para hoxe que fan parte da Semana do Audiovisual. Ás 12:30 horas collerán o testemuño os institutos de secundaria de Allariz e do Barco coa proxección de "2050: How soon is now?" e as curtametraxes “S.O.S”, “Labregos do Mar” e “Bechos Raros”. Canda estas iniciativas, as sedes da Fundación Caixa Galicia da Coruña, Ourense, Pontevedra, Vigo e Santiago acollerán novas proxeccións de mostras do audiovisual galego.

Máis información no web da Academia Galega do Audiovisual e sobre a iniciativa nesta nova

. Amplía a nova>>

30/04/2007
Santiago exhibe un ciclo de filmes de temática anarquista

Desde o mércores ata o domingo a Sala Yago proxectará seis títulos relacionados co anarquismo no século XX. Organizado pola Confederación Nacional do Traballo a propósito do 1º de maio, o ciclo leva por título“Semana de Cine Anarquista”. Entre os títulos que se proxectarán figura “Queridísimos verdugos” de Basilio Martín Patino, “Mulleres insumisas” de Alberto Isaac e “A estrategia do caracol” de Serxio Cabrera.

Consulta a entrevista de Carlos Macía en El País

. Amplía a nova>>

30/04/2007
O Consorcio Audiovisual cuantifica en 16 as producións galegas que se estrearán este ano

Entre “De profundis” (dirixida por Miguel Anxo Prado e Nani García) estreada nas carteleiras o pasado mes de xaneiro, e “A sombra de Nova York” (dirixida por Juan Pinzás) estrearanse unhas 16 producións galegas. Son cifras que manexa o Consorcio Audiovisual de Galicia que asegura que no 2006 se produciron 159 traballos, o 50% máis que no ano anterior. Estas cifras compleméntanse coas achegadas pola Axencia Audiovisual Galega, dependente da Consellaría de Cultura, que contabilizaba un total de 36 proxectos de longametraxes de ficción para o bienio 2007/2008.. Amplía a nova>>

30/04/2007
Curtocircuíto bate marcas de participación ao recibir 800 traballos para participar no festival

Malia que o prazo de recepción de traballos está aberto ata finais de xuño, a organización de Curtocircuíto xa recibiu preto de 800 curtas, case o dobre que na anterior edición. Segundo Tim Reford, director do festival, os traballos chegan de países como Burundi, Líbano ou Kuwait e tanto a afluencia como a diversidade na participación está marcada pola inscrición en liña na páxina de Short Film Depot. A terceira edición deste certame pretende a súa consolidación no panorama internacional.

Máis información no seu sitio web e na nosa hemeroteca

. Amplía a nova>>

30/04/2007
Un estudo asegura que perigan as cen salas de cine abertas no rural

O envellecemento da poboación, a piratería e o encarecemento das entradas son os motivos que ameazan na supervivencia das salas de cine no rural. Así o constata un estudo elaborado por Miguel Anxo Fernández sobre a situación de exhibición de películas en Galicia que fai parte do informe “A Comunicación en Galicia” que presentará en breve a Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega. Segundo este experto en cinematografía, no país hai 200 salas das que só unha cuarta parte se sitúan no interior.

Máis información en Galicia Hoxe

. Amplía a nova>>

27/04/2007
O filme "Berros no corredor" estrearase simultaneamente nos festivais de Cannes e de Cans

O Porriño e Francia a un tempo. A produción "Berros no corredor", da galega Perro Verde Films e a canaria Producciones Bajo la Lluvia, estrearase o vindeiro 25 de maio de xeito simultáneo nos festivais de Cannes e de Cans. O filme é un proxecto de animación realizado con froitos secos.

Máis información en La Voz de Galicia

. Amplía a nova>>

26/04/2007
Un informe constata a duplicación do número de producións cinematográficas no 2006

O ano 2006 foi, salvo algunhas puntualizacións como a paralización da primeira rodaxe, un bo ano para o cine en Galicia. Son algunhas afirmacións que se pode desprender do informe que Axencia Audiovisual Galega, que depende da Consellaría de Cultura, subiu ao seu sitio web nas últimas semanas. Nel cuantifícase nun 50% o incremento do número de títulos producidos, así como o aumento do número de traballos que se realizan sen ningún tipo de subvención. Ademais, o informe contabiliza un total de 36 proxectos de longametraxes de ficción para o bienio 2007/2008, malia que nos primeiro trimestre deste ano non se rodou ningunha produción.

Consulta o informe no web da Axencia Audiovisual Galega (en pdf) e nesta nova sobre a sequía de rodaxes no primeiro trimestre do ano

. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org