Novas | 3231 a 3240 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

31/07/2007
Perro Verde filmes inicia a preprodución dunha longametraxe e dunha curta

“Zombie Western: a lenda do carniceiro escuro” é o título da primeira das tres longametraxes que acometerá Juanjo Ramírez (“Berros no corredor”). Unha coprodución de animación dirixda a un público adulto, ambientada no Salvaxe Oeste con mestura de elementos do cinema gore e fantástico. A longametraxe coproducida por Perro Verde Films inicia agora a sua preprodución, igual que a curtametraxe “Santiago de sangue” que dirixirá F Calvelo que tamén acomete esta produtora. .

Máis información sobre a produtora na súa ficha

. Amplía a nova>>

31/07/2007
Cultura resolve as axudas de curtametraxes mentres convoca as de contidos dixitais

A Consellaría de Cultura, a través da Axencia Audiovisual Galega, acaba de facer públicos os resultados da súa convocatoria de axudas a curtametraxes. Un total de 66 proxectos de curtametraxes poderán realizarse grazas ao apoio da Consellaría de Cultura e Deporte que repartirá neste concepto 424.000 euros. Canda esta resolución, o DOG publicaba onte a convocatoria para a concesión de subvencións binanuais destinadas ao desenvolvemento e producción de contidos dixitais interactivos en lingua galega por importe de 200.000 euros.

Máis información sobre as resolucións das curtametraxes no web da Axencia Audiovisual Galega e no mesmo sitio sobre as axudas a contidos interactivos

. Amplía a nova>>

31/07/2007
Comezan en Carballiño unha nova edición das Xornadas de Cine e Vídeo

Organizadas exclusivamente polo concello, hoxe comezan en Carballiño unha nova edición das Xociviga. As históricas xornadas de cine e vídeo de Galicia pretenden seguir fieis aos seus principios exhibindo o audiovisual do país. Uxía Blanco será a encargada de abrir esta noite a vixésimo cuarta edición, unha gala de apertura na que se proxectará “Hotel Tívoli". Ademais, a concelleira de cultura, Inmaculada Ucha asegura que as xornadas deben abrir “novos horizontes buscando unha maior implicación e participación cidadá”. Entre eles, a concelleira tamén avanzou a posibilidade de retomar a idea de crear un padroado que garantise a continuidade das xornadas.

Máis información na nosa hemeroteca

. Amplía a nova>>

26/07/2007
O audiovisual galego terá imaxe de marca no primeiro semestre do 2008

En xaneiro de 2006 o Clúster do Audiovisual Galego concluíu que o audiovisual galego necesitaba unha imaxe de marca. Pois ben, no primeiro semestre do 2008 o sector audivoisual contará con esa marca de calidade. O presidente do Clúster, Antón Reixa, anunciouno onte en Santiago cando presentaba o informe “Informe sobre a creación e posicionamento estratéxico dunha Marca para o audiovisual galego” que esta entidade elaborou en colaboración coa Consellaría de Innovación e Industria e Caixanova.

Máis información no web do Clúster en Galicia Hoxe e ABC

. Amplía a nova>>

24/07/2007
Cultura subvenciona con 150.000 euros 14 proxectos de guión en lingua galega

A Consellaría de Cultura acaba de dar a coñecer os 14 proxectos que recibirán axuda á escrita de guión en lingua galega. “Clangor” de Gonzalo García Velasco recibiu a contía máis alta con 15.000 euros. Victoriano Sierra, Beatriz del Monte, Xosé Antón Moure, Daniel Domínguez, e Carlos Alberto Alonso son os autores dos outros proxectos seleccionados.

Consulta a listaxe no web da Axencia Audiovisual Galega

. Amplía a nova>>

19/07/2007
Tres curtametraxes de Pablo Millán compiten nos festivais de Londres e Seúl

“O conxuro” Pablo Millán (Vilaxoán, 1976) foi premiado no 2006 co premio á creatividade e á orixinalidade na convocatoria da Secretaría Xeral de Comunicación. Esperamos que repita sorte no Portobello Magic Film de Londres, onde tamén compite coa curta “A meiga chuchona”. Con “Longo sendeiro de pedra” participa no EIS Film& Video de Seúl. Por outra parte, o vigués Eduardo Armada compite con “As dos vidas de Ernesto Pena” no XVI Festival Plataforma Novos Realizadores de Madrid, que va ido 11 ao 18 de setembro.

Consulta o web de AGAPI e nesta nova os outros catro catálogos

. Amplía a nova>>

12/07/2007
AEGA e a Academia piden ao goberno que coordine a súa política audiovisual

O venres pasado fíxoo a Academia Galega do Audiovisual e onte a de Empresas Galegas do Audiovisual (AEGA), o sector pide ao goberno que coordine a súa política audiovisual que agora ten repartidas en dous departamentos: Secretaría Xeral de Comunicación e Consellaría de Cultura. Segundo publica hoxe “La Voz de Galicia”, o sector solicita que Televisión de Galicia se integre na política audiovisual xa que te nun papel imporante na consolidación da industria en Galicia.

Máis información en La Voz de Galicia e no noso tema sobre a situación do audiovisual

. Amplía a nova>>

10/07/2007
AGAPI renova o seu sitio web e presenta un catálogo impreso e virtual

A Asociación Galega de Produtores Independentes acaba de presentar o seu catálogo impreso e a remodelación do seu sitio web. Un feito que, segundo asegurou a súa presidenta Dolores Ben, supón unha ferramenta importante “para dar a coñecer as producións das 35 empresas que constitúen AGAPI”. Ademais, Ben lamentou a falta “dunha política decida por parte da administración, así como un orzamento duns dous ou tres millóns de euros en liñas de axuda para a comercialización e distribución”. Co que se presentou hoxe, xa son cinco os catálogos que conta o sector audiovisual galego.

Consulta o web de AGAPI e nesta nova os outros catro catálogos

. Amplía a nova>>

10/07/2007
O DOG publica hoxe o decreto que sitúa o CGAI na Secretaría Xeral de Comunicación

O decreto 131/2007 regula a situación na que vivía o Centro Galego de Artes da Imaxe despois do cambio das competencias en materia de audiovisual co cambio de goberno. O texto publicado hoxe no DOG modifica o decreto de creación do CGAI, que o situaba dependente da Consellaría de Cultura, par fixalo na nova estrutura orgánica. Segundo o novo decreto, é a Secretaría Xeral de Comunicación, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, quen deberá propoñer o nomeamento do director ou directora. O centro poderá contar agora con esta figura case ano e medio despois de ter cesado do posto a José Luis Cabo.

Máis información no DOG e sobre o reparto de competencias na materia no noso tema

. Amplía a nova>>

10/07/2007
A CRTVG presenta un sitio web no que se pode consultar toda a información emitida pola televisión e a radio pública

Baixo o dominio agalega.info, os usuarios poderán atopar todos os contidos informativos elaborados polas dúas sociedades que conforman a Compañía da Radio Televisión de Galicia, é dicir, a TVG e a Radio Galega. Deste xeito, complétase o servizo á carta que ofrecía o portal crtvg.es que subía á rede programas de produción propia.

Consulta agalega.info e crtvg.es

. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org