A Asociación Galega de Produtores Independentes acaba de presentar o seu catálogo impreso e a remodelación do seu sitio web. Un feito que, segundo asegurou a súa presidenta Dolores Ben, supón unha ferramenta importante para dar a coñecer as producións das 35 empresas que constitúen AGAPI. Ademais, Ben lamentou a falta dunha política decida por parte da administración, así como un orzamento duns dous ou tres millóns de euros en liñas de axuda para a comercialización e distribución. Co que se presentou hoxe, xa son cinco os catálogos que conta o sector audiovisual galego.
Consulta o web de AGAPI e nesta nova os outros catro catálogos








