Novas | 3221 a 3230 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

06/09/2007
Cincuenta filmes comezarán a súa rodaxe este outono co apoio da Axencia Audiovisual

Segundo acaba de anunciar a Axencia Audiovisual Galega, este outono comezarán a rodarse no noso país 40 novos filmes, que se sumarán aos 14 que están en proceso na actualidade. Todos estes proxectos contan con axudas da Axencia, e a maior parte correspónde ás axudas para novos creadores.

Máis información no web de Cultura

. Amplía a nova>>

03/09/2007
Comeza a primeira edición de Curtas Miñotas

Catro filmes galegos e catro portugueses poderán verse en Vilanova da Cerveira e mais Tomiño dentro da primeira edición do encontro Curtas Miñotas. O evento, que se desenvolverá mañá na banda portuguesa e pasado na galega, está organizado pola Axencia Audiovisual Galega, o Proxecto Eixo Norte/Galiza, a asociación portuguesa Audiência Zero e a produtora Mr.Misto.

Máis información no web de Cultura

. Amplía a nova>>

24/08/2007
Cincuenta e nove longametraxes reciben as axudas da Axencia Audiovisual Galega

A Axencia Audiovisual Galega repartirá 3,9 millóns de euros nas axudas destinadas á produción de longametraxes en versión orixinal no noso idioma. En total serán 59 as longametraxes que se beneficien deste programa, dos que dezasete serán documentais de difusión cultura e outros once longametraxes dixitais.

Máis información no web da Consellaría de Cultura

. Amplía a nova>>

24/08/2007
Cultura desminte a ausencia de axudas a filmes que sinalou “La Voz de Galicia”

Este xoves 23 de agosto, “La Voz de Galicia” publicaba unha ampla nova na que anunciaba a vindeira estra de varios filmes que se fixeran sen subvencións públicas á produción. Agora, a Consellaría de Cultura corrixe, a través do seu web, os datos deste xornal, indicando que moitas das producións citadas si recibiron axudas e outras téñenas solicitadas e están pendentes de se resolver. Por exemplo, “El menor de los males”, que o xornal sinalaba que fora financiada ao 100% de Voz Audiovisual tivo, segundo Cultura, 300.000 euros de axudas.

O texto de La Voz de Galicia en e-norte.org; a resposta de Cultura no seu web; máis en La Voz de Galicia; o noso tema sobre filmes sen subsidios

. Amplía a nova>>

07/08/2007
O Festival de Cine de Ourense de muda de nome e de director co obxectivo de se centrar no país e se relacionar co exterior

Enrique Nicanor, produtor, antigo director de La2 e comisario do programa Media da UE en España, é o novo director do Festival de Cine de Ourense. Entre as mudanzas que xa anunciou está o cambio do nome do evento, que pasará a ser Festival Galego Independente e que terá unha reorientación cara a América Latina, Portugal e Europa, mantendo o acento galego. Outra das novidades é a creación dun Consello de Asesoramento que participará na redefinición do evento.

Entrevista ao director en La Región; máis información en El País e en Diario de Ferrol

. Amplía a nova>>

07/08/2007
Vinteoito proxectos audiovisuais reciben as axudas de Cultura para desenvolvemento

A Consellaría de Cultura acaba de facer público o listado de vinte e oito proxectos audiovisuais que recibirán axudas para o seu desenvolvemento. “Ramón”, un guión de ficción de Samuel Orti con IB Cinema foi a recibiu máis fondos, 29.000 euros, seguido, con mil euros menos, por “Black to the moon”, de Nicolás Vidal e Continental. En total obtiveron estes apoios once propostas de ficción, nove documentais, tres telefilmes e cinco produtos en novos formatos. Agora queda por ver cantos chegan finalmente ás pantallas.

Máis información e listaxe de seleccionados no web da Consellaría e en Galicia Hoxe

. Amplía a nova>>

03/08/2007
Zarauza inicia a rodaxe da súa ópera prima “A noite que deixou de chover”

Chove en Compostela durante tres meses seguidos. A primeira noite que a chuvia dá unha tregua, Spleen (Luís Tosar) acode a comprar pan e coñecer á Rusa (Nora Tschirner) coa que inicia unha viaxe inesperada a través da noite na cidade de Santiago que mudará a súas vidas. É o argumento de “A noite que deixou de chover”, a ópera prima de Alfonso Zarauza que comezará a rodar o vindeiro luns 6. Por diante quedan oito semanas de rodaxe dunha coprodución de Iroko Films e Perro Verde Films, producida por Harold Sánchez e Manuel Cristóbal e que conta co apoio do ICAA, a TVG, a Film Comission de Santiago de Compostela e a Axencia Audiovisual Galega.

Máis información na súa ficha

. Amplía a nova>>

02/08/2007
A curtametraxe galega sufre un incremento no último bienio

Un total de 200 curtametraxes, segundo publica hoxe “La Voz de Galicia” citando fontes da Axencia Audiovisual Galega, producíronse no noso país no último bienio. Se a iso lle engadimos que dentro do panorama de festivais existen varias citas destacadas no sector audiovisual (Curtocircuíto en Santiago, On&Off en Ribadeo e o Festival de Cans no Porriño) pódese constatar a proliferación de curtametraxes que evidencia un impulso a nivel creativo, que revestirá no sector nos vindeiros anos.

Máis información en La Voz de Galicia e no catálogo de AVG

. Amplía a nova>>

01/08/2007
Un festival homenaxea a traxectoria musical e cinematográfica de Antón Reixa

O seu pasado como músico de “Os Resentidos” e o presente como realizador, agora que está a presentar a súa segunda longametraxe “Hotel Tívoli”, acaba de facerlle merecedor a Antón Reixa de ser a persoa á que se lle dedica un ciclo dentro da Feira de Lecer e Cultura (FOC) que se celebra en Valencia do 13 ao 19 de agosto.

Máis información en Fila Siete

. Amplía a nova>>

01/08/2007
Bueu non celebrará este ano o seu festival de curtametraxes Centolo Films

Motivos económicos e organizativos. Son as causas que apuntou o edil de Cultura de Bueu, Andrés Lamosa, para xustificar que este ano non haxa o Festival de Curtametraxes Centolo Films. En todo caso, segundo publica hoxe “Diario de Pontevedra” entre as intencións do concello está en que o festival non desapareza e nos vindeiros meses abordarán o seu futuro.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org