A Consellaría de Cultura acaba de facer público o listado de vinte e oito proxectos audiovisuais que recibirán axudas para o seu desenvolvemento. Ramón, un guión de ficción de Samuel Orti con IB Cinema foi a recibiu máis fondos, 29.000 euros, seguido, con mil euros menos, por Black to the moon, de Nicolás Vidal e Continental. En total obtiveron estes apoios once propostas de ficción, nove documentais, tres telefilmes e cinco produtos en novos formatos. Agora queda por ver cantos chegan finalmente ás pantallas.
Máis información e listaxe de seleccionados no web da Consellaría e en Galicia Hoxe








