Este xoves 23 de agosto, La Voz de Galicia publicaba unha ampla nova na que anunciaba a vindeira estra de varios filmes que se fixeran sen subvencións públicas á produción. Agora, a Consellaría de Cultura corrixe, a través do seu web, os datos deste xornal, indicando que moitas das producións citadas si recibiron axudas e outras téñenas solicitadas e están pendentes de se resolver. Por exemplo, El menor de los males, que o xornal sinalaba que fora financiada ao 100% de Voz Audiovisual tivo, segundo Cultura, 300.000 euros de axudas.
O texto de La Voz de Galicia en e-norte.org; a resposta de Cultura no seu web; máis en La Voz de Galicia; o noso tema sobre filmes sen subsidios








