Un total de 200 curtametraxes, segundo publica hoxe La Voz de Galicia citando fontes da Axencia Audiovisual Galega, producíronse no noso país no último bienio. Se a iso lle engadimos que dentro do panorama de festivais existen varias citas destacadas no sector audiovisual (Curtocircuíto en Santiago, On&Off en Ribadeo e o Festival de Cans no Porriño) pódese constatar a proliferación de curtametraxes que evidencia un impulso a nivel creativo, que revestirá no sector nos vindeiros anos.
Máis información en La Voz de Galicia e no catálogo de AVG








