Novas | 3211 a 3220 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

26/09/2007
Dous traballos de ficción e unha longametraxe de animación reciben axudas do fondo Raíces

A segunda entrega de “Pérez, o ratiño dos teus soños” e as películas de ficción “Campo Cerezo” e “O vestido” son as tres produccións seleccionadas para recibir cartos do Fondo Raíces na edición 2007. Un programa de coprodución audiovisual entre Galicia, Cataluña, Andalucía e Arxentina. A participación galega de “Pérez” pasa por Filmax Animation; en “Campo Cerezo” pasa por Saga TV e en “O vestido” é Ardora Films.

Máis información no web da Xunta

. Amplía a nova>>

21/09/2007
Guillermo Escrigas é o director do CGAI despois de dous intentos fallidos

Primeiro nomearon a Antonio Simón, despois a Jaime Pena e agora sae á palestra o nome de Guilermo Escrigas (Ferrol, 1953). O gabinete de prensa da Secretaría Xeral de Comunicación confirmou que o Centro Galego de Artes da Imaxe ten director despois de case tres anos desde que Jose Luis Cabo fora cesado do seu posto. Ata o momento, Escrigas traballaba como xerente do Centro Galego de Arte Contemporáneo Carlos Maside e como documentalista do Grupo Sargadelos. Ademais, no seu currículo destaca a recuperación da película "Botadura do Acorazado Alfonso XIII", que ofrece as primeiras imaxes en movemento que se conservan sobre Galicia.

Máis información no web do CGAI en La Voz de Galicia

. Amplía a nova>>

21/09/2007
Tres producións galegas participan na sección “Made in Spain” do festival de San Sebastián

“Promesas do leste” do director canadense David Cronenberg abriu onte a 55 edicióin do festival de cine de San Sebastián. Un evento que contará coa presenza do audiovisual galego por dúas bandas. Dunha, a “happy hour” que organiza o Consorcio Audiovisual, e da outra, as tres producións galegas que participan na sección “Made in Spain”. “Unha muller invisible”, “De Profundis” e “Bolboreta, mariposa e papalona” son os filmes que se poderán ver ao longo dos nove días que dura este certame.

Máis información no web da Consellaría de Cultura en o web do festival

. Amplía a nova>>

18/09/2007
O Consorcio promove o audiovisual galego en San Sebastián cunha “Happy Hour”

Comeza en San Sebastián a súa cita anual co cine. O Festival de cine donostiarra é unha cita ineludible coa cinematografía e o Consorcio Audiovisual de Galicia prepara a súa presenza para promover o sector nun certame no que este ano non conta con ningunha produción galega. Entre as múltiples citas que ten na súa axenda os representantes do goberno galego está a na organización dunha “Happy Hour Galicia Terra de Cine”, a xuntanza do programa Raíces e a presentación dunha obra retrospectiva da obra do director francés Philippe Garrel na que participa o CGAI.

Máis información no web da Xunta

. Amplía a nova>>

18/09/2007
Galicia exhibirá unha mostra de cine arxentino inédito

Emilio Pérez Touriño asístíu, no transcurso da súa viaxe a Arxentina, ao Festival Internacional de Cine de Mar de Plata, onde a Xunta e o Instituto de Cine Arxentino asinaron un convenio de colaboración para a promoción do cine galego. Alí, o presidente da Xunta acaba de anunciar o seu compromiso co desenvolvemento dunha industria audiovisual propia, ao tempo que anunciou que Galicia exhibirá unha mostra de cine arxentino inédito antes de finais de ano.

Máis información no web da Xunta

. Amplía a nova>>

18/09/2007
Películas clásicas nos ciclos de cine do concello de Santiago e da Fundación Caixa Galicia

O cine clásico é o protagonista nos últimos ciclos de cine que organizan tanto o concello de Santiago en colaboración coa Deputación, como a Fundación Caixa Galicia. En Santiago o tema escollido é “cine mudo” que permitirá ver filmes de Buster Keaton (A maquinista do xeneral) ou de Charles Chaplin. Da man da Fundación Caixa Galicia veranse clásicos do cine francés nas súas diferentes sedes a través do título “Xoias francesas”

Máis información no web Compostela Cultura e sobre “Xoias francesas” en Xornal.com

. Amplía a nova>>

18/09/2007
Voz Audiovisual ficha para o seu proxecto a Carlos Portela e Jaume Santacana

A división audiovisual do grupo Voz está a reforzar o seu equipo directivo de cara a nova etapa da compañía. Entre as novas fichaxes destaca a do guionista e creativo Carlos Portela que é, desde onte, o novo director de desenvolvemento. Canda el, incorpórase Jaume Santacana como adxunto a dirección. Entre o currículo profesional de Santacana destacan o seu traballo como director de producción de Marcury, Prodigius Audiovisual, Gestmusic e ex xefe de Programas de Televisió de Catalunya.

Máis información en Voz Audiovisual e na ficha de Carlos Portela . Amplía a nova>>

13/09/2007
Comeza una nova edición de Cinensino, o programa de prevención de drogodependencias

Educar mentres se ve unha película cine. Esta é a fórmula que emprega desde hai varios anos o Servizo Galego de saúde para ensinar aos rapaces de varios cursos de primaria e secundaria os efectos das drogrodependencias. A nova edición do programa acaba de comezar e por diante quedan 204 proxeccións, 111 días que se reparten en 42 localidades do país. “Alex Rider. Operación Stormbreaker”, "Lassie" ou “Así é a vida” son algúns dos títulos seleccionados nesta ocasión.

Máis información no web do Cinensino

. Amplía a nova>>

10/09/2007
A coprodución de Vaca Films “A zona” recibe o premio á mellor ópera prima en Venecia

“A zona” é un thriller urbano no que os veciños dun barrio no que entran tres ladróns a roubar deciden tomar a xustiza pola súa man. O filme coproducido polas españolas Morena Films, Estrategia Audiovisual e a coruñesa Vaca Films, xunto coa mexicana Buenaventura Films, acaba de recibir o premio “Leone di Futuro” da Sección Oficial Guiornate degli Autore-Venice Days, que recoñece a mellor ópera prima. O filme participará no Festival de Toronto, desde onde irá a Valladolid.

Máis información sobre Vaca Films no seu web

. Amplía a nova>>

10/09/2007
Galicia sitúase por debaixo da media estatal en acceso á televisión dixital terrestre

O futuro televisivo ten unha cousa clara: a televisión será exclusivamente dixital a partir do 3 de abril de 2010. Agora ben, o presente para encamiñar ese obxectivo non está de todo claro. A día de hoxe, Galicia rexistra cifras moi baixas de acceso á televisión dixital nas súas diferentes modalidades: por ondas terrestres (a coñecida como TDT), cabo, ADSL e satélite. Segundo publica esta fin de semana “La Voz de Galicia”, só o 22% dos fogares galegos teñen acceso á TDT, o que nos sitúa dous puntos por debaixo da media estatal (24,2%).

Máis información sobre o que é a TDT neste web do Ministerio de Industria e sobre as últimas cifras en La Voz de Galicia

. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org