Promesas do leste do director canadense David Cronenberg abriu onte a 55 edicióin do festival de cine de San Sebastián. Un evento que contará coa presenza do audiovisual galego por dúas bandas. Dunha, a happy hour que organiza o Consorcio Audiovisual, e da outra, as tres producións galegas que participan na sección Made in Spain. Unha muller invisible, De Profundis e Bolboreta, mariposa e papalona son os filmes que se poderán ver ao longo dos nove días que dura este certame.
Máis información no web da Consellaría de Cultura en o web do festival








