Organizadas exclusivamente polo concello, hoxe comezan en Carballiño unha nova edición das Xociviga. As históricas xornadas de cine e vídeo de Galicia pretenden seguir fieis aos seus principios exhibindo o audiovisual do país. Uxía Blanco será a encargada de abrir esta noite a vixésimo cuarta edición, unha gala de apertura na que se proxectará Hotel Tívoli". Ademais, a concelleira de cultura, Inmaculada Ucha asegura que as xornadas deben abrir novos horizontes buscando unha maior implicación e participación cidadá. Entre eles, a concelleira tamén avanzou a posibilidade de retomar a idea de crear un padroado que garantise a continuidade das xornadas.
Máis información na nosa hemeroteca








