En xaneiro de 2006 o Clúster do Audiovisual Galego concluíu que o audiovisual galego necesitaba unha imaxe de marca. Pois ben, no primeiro semestre do 2008 o sector audivoisual contará con esa marca de calidade. O presidente do Clúster, Antón Reixa, anunciouno onte en Santiago cando presentaba o informe Informe sobre a creación e posicionamento estratéxico dunha Marca para o audiovisual galego que esta entidade elaborou en colaboración coa Consellaría de Innovación e Industria e Caixanova.
Máis información no web do Clúster en Galicia Hoxe e ABC








