06/07/2007
Galicia acollerá a rodaxe de quince produccións nos vindeiros meses
Despois dun primeiro semestre con moi poucas rodaxes, a Axencia Audiovisual Galega acaba de facer unha listaxe das producións audiovisuais que se rodarán nos vindeiros meses no noso país. Un total de catorce películas que van desde “O tesouro” de Vaca Films ata “Os mortos van ás présas”, que retoma a súa rodaxe despois do intento fallido no 2006. Das quince producións, catorce reciben axudas da Consellaría de Cultura.
Máis información no web da Axencia Audiovisual Galega
.
Amplía a nova>>
05/07/2007
“O sur” de Víctor Erice inaugura o ciclo de cine de verán do CGAC
O CGAC estrea esta noite “O sur” o filme que enfrontou ao seu director, Víctor Erice, co produtor, Elías Querejeta e que obrigou a reducir a película. A escolla desta produción é cousa de Ángel Luis Hueso quen decidiu que os filmes deste mes teñen relación coa luz. “Morte a Venezia”, de Luchino Visconti; “Manhattan”, de Woody Allen, e “Viskingar och rop” de Ingmar Bergman completan o programa de xullo. As propostas de agosto corren a cargo de Ernesto Gómez “The Band Wagon” de Vincente Minelli; “Lover"s Labour"s Lost” de Kenneth Brannagh, “Hedwig and the Angry Inch” de John Cameron e “The Rocky Horror Picture Show” de Jim Sharman, ocuparán os xoves do mes de agosto. Todos ás 22:30 horas.
Máis información no web do CGAC
.
Amplía a nova>>
05/07/2007
O Cineclube Compostela ofrecerá o venres unha xornada cultural a prol da cultura libre
Pola cultura libre. Este é o berro de guerra do Cineclube Compostela que programa para este venres unha xornada cultural de balde. Unha curiosa resposta contra a demanda por valor de 250 euros, interposta por unha productora ao exhibir un filme malia contar co permiso do director. “House at Pooneil Corners”, de Jean Luc Godard, “O tigre saltou e matou, mais vai morrer... vai morrer...” do cubano Santiago Álvarez, un recital de poetas piratas, unha obra de teatro a cargo de Berrobambán, concertos e un picadiscos conforman o programa para este venres 6 de xullo a partir das 19:00 horas.
Máis información en Vieiros e no web do Cineclube
.
Amplía a nova>>
04/07/2007
O DOG publica a convocatoria de axudas para o proxecto Raíces
O Consorcio Audiovisual de Galicia acaba de convocar axudas para a coprodución de longametraxes cinematográficas con produtoras independentes de Arxentina, Cataluña e Andalucía, dentro do marco do acordo «Raíces». O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o vindeiro 3 de setembro.
Máis información no DOG e no web do Consorcio
. Amplía a nova>>
04/07/2007
As curtametraxes volven ás rúas de Compostela na cuarta edición de Curtocircuíto
Cen curtametraxes, representación dos cinco continentes, todos os xoves nas prazas e rúas de Compostela. Son algúns dos datos dunha nova edición de “Curtocircuíto na rúa” que comeza o xoves 5 de xullo e remata o 23 de agosto. Un ano máis, Os asistentes a esta actividade serán os encargados de outorgar o Premio do Público á Mellor Curtametraxe que está dotado con 1.500 euros.
Máis información no web de Curtocircuíto
.
Amplía a nova>>
04/07/2007
Cultura e Industria non pagan as súas cotas como membros do Consorcio Audiovisual
Un total de 500.000 euros. Esta é a cantidade que, segundo publica hoxe “La Voz de Galicia” deben as consellarías de Industria e Cultura ao Consorcio Audiovisual de Galicia. Segundo este mesmo xornal, Cultura recoñece a existencia desta débeda e xustifícaa alegando falta de colaboración por parte da Secretaría Xeral de Comunicación. Co bipartito, as competencias en materia de audiovisual están repartidas entre Cultura e o departamento que dirixe Fernando Salgado, que deu lugar a numerosas protestas, entre elas, a situación do CGAI que continúa sen director desde hai máis dun ano.
Máis información en La Voz de Galicia e sobre o CGAI na nosa hemeroteca
.
Amplía a nova>>
03/07/2007
O máis vangardista dos sistemas dixitais aplicados á creación preséntase desde hoxe na Coruña
A Coruña acolle desde hoxe unha nova edición de “Mundos Dixitais”, un evento que pretende achegar cada ano a actualidade mundial da animación, os videoxogos, os efectos especiais, o deseño en tres dimensións e a informática gráfica aplicada ao patrimonio. Conferencias, seminarios, obradoiros, sala de xogos e demostracións encherán de actividade este evento ata o vindeiro sábado.
Máis información no web Mundos Dixitais
.
Amplía a nova>>
02/07/2007
Play Doc abre o prazo de recepción de materiais para a edición do 2008
Todas as películas documentais de calquera duración, temática e nacionalidade, producidas despois do 1 de xaneiro de 2006 teñen unha cita co Play Doc. O festival de Tui, organizado pola Asociación Cultural “Enfoques” acaba de abrir o prazo de recepción de traballos para a súa cuarta edición. Os traballos remitiranse á organizacion antes do 15 de novembro.
Consulta as bases no seu web
.
Amplía a nova>>
27/06/2007
O informe de FAPAE sitúa a Galicia na cuarta posición na produción audiovisual
Madrid, Cataluña, Andalucía e, en cuarto lugar, Galicia. Este é o ránking de comunidades en función do índice de produción segundo o informe anual que acaba de publicar a Federación de Asociacións de Produtores Audiovisuais Españois. Este documento destaca que o sector do noso país recibiu en 2006 7.7 millóns en incentivos públicos, o 24% do total das subvencións concedidas en todo o Estado, mentres que a súa facturación foi de 52 millóns, que supón o 3% en comparación co resto.
Consulta o informe no web de Fapae
.
Amplía a nova>>
26/06/2007
Os comerciantes de Vigo programan dous ciclos de cine clásico ao aire libre
A Asociación Zona Centro de Vigo pretende achegar películas clásicas do cine á rúa este verán con dous ciclos de cine. A rúa Progreso (por detrás do MARCO) convertirase nun improvisado patio de butacas para 500 cadeiras, onde se poderán ver dous ciclos”Esenciais” e “Espazo reseso”. Filmes como “Acorazado Potenkim”, “Cidadán Kane” ou “Barbarella” poderanse ver a partir do vindeiro mes de xuño. Todos os pases son de balde e comezarán ás 23:00 horas.
Máis información en El País
.
Amplía a nova>>