26/06/2007
Un simposio estuda a relación de Emilia Pardo Bazán coas artes do espectáculo
Principios do século XX, unha muller e o cinematógrafo, unha disciplina considerada sen porvir por moitos intelectuais do momento. A priori un combinado difícil, pero a escritora coruñesa Emilia Pardo Bazán foi contracorrente e aproveitou a súa obra literaria e periodística para defender o cine. Unha relación na que afonda un simposio que se desenvolve ata o venres na Coruña e que está organizado pola súa Casa Museo e Caixa Galicia.
Máis información en El Correo Gallego, en Terra e no web da Casa Museo
.
Amplía a nova>>
22/06/2007
A Actors Studio e a New York Film Academy entre os centros de estudos aos que asistirán os profesionais galegos
Un total de quince persoas, entre os que figuran nomes como Daniel Domínguez ou Alberto Pereira foron seleccionados para ampliar e perfeccionar os seus estudos no ámbito audiovisual. A convocatoria correu a cargo do Consorcio Audiovisual de Galicia que destina este ano 30.000 euros a esta partida e que permitirá aos profesionais seleccionados mellorar a súa formación en centros como a Actors Studio de Nova York ou a Universidade da Sorbona.
Máis información no web do Consorcio
.
Amplía a nova>>
21/06/2007
A Secretaría Xeral de Comunicación incrementa as axudas para os festivais de cine
Menos cartos para os eventos máis grandes (Cineuropa e o Festival de Cine de Ourense) e máis para os programas máis pequenos (Play Doc, Xociviga...), en total 17 festivais de audiovisual recibirán axudas neste 2007 para a súa organización. Este foi o reparto dos 330.000 euros (30.000 máis que na anterior) que a Dirección Xeral de Comunicación, repartiu para a realización de festivais do ámbito audiovisual no noso país.
Máis información no web da Xunta
.
Amplía a nova>>
19/06/2007
O CGAC e a Axencia Audioviusal galega organizan un ciclo sobre videodanza
Dunha banda o baile, a expresión artística, e da outra, o audiovisual, para recoller a creatividade e como unha forma de perpetuar o efémero. Estas dúas realidades fan parte do ciclo de videodanza que se proxecta no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) do 20 ao 24 de xuño. En total poderanse ver once producións de videodanza realizadas en Galicia desde finais dos anos oitenta.
Máis información no web do CGAC
.
Amplía a nova>>
19/06/2007
Os exhibidores independentes abriron onte os seus cines nunha xornada de parón secundada polo 88%
Das duascentas pantallas que existen en Galicia só 22 abriron onte as súas portas. As multinacionais radicadas en Galicia, agrupadas dentro da Federación de Cines de España (FECE), a entidade convocante da folga, fixeron valer a súa opinión en contra da cota de pantalla para o cine comunitario (que supón a obriga de proxectar unha película europea de cada catro estranxeiras). Segundo datos da patronal, o parón tivo un seguimento do 88% en Galicia e do 93% no resto do Estado.
Máis información en La Voz de Galicia
.
Amplía a nova>>
19/06/2007
Un acto institucional abre as actividades do Foro Galego do Audiovisual
O convenio asinouse o pasado mes de marzo, pero o Foro Galego do Audiovisual comezou a funcionar formalmente onte cun acto protocolario. Ábrese así un espazo de debate par ao sector que ten como obxectivo realizar actividades culturais, formativas, de investigación e de promoción para dinamizar e difundir o sector e os seus axentes. Ademais, na sesión inaugural presentouse “AG” unha publicación que pretende recoller actualidade, crítica e reflexións sobre o sector.
Máis información en La Voz de Galicia, Galicia Hoxe e no web da revista AG
.
Amplía a nova>>
19/06/2007
Os profesionais e os responsables das institucións pechan as xornadas sobre a situación do sector audiovisual
Continúa o estado da cuestión. Despois de que xornalistas e actores explicasen a súa postura en relación co sector audiovisual, chega o momento para que os responsables da institución e aos profesionais fagan o mesmo. Os primeiros falarán mañá mércores ás 19:00 horas no Clube Internacional de Prensa, mentres que o xoves (mesmo lugar e hora) será o momento dos profesionais. Con eles pechas as sesións organizadas pola Academia Galega do Audiovisual para debater a situación actual do sector.
Máis información no web da Academia Galega de Audiovisual
.
Amplía a nova>>
18/06/2007
Actores e exhibidores convocan medidas de protesta contra a lei do cine
O día 8 de xuño, o Consello de Ministros anunciaba a aprobación do anteproxecto da Lei do cine. Un documento que non foi ben visto nin polos exhibidores (principalmente polo cambio da cota de pantalla de días a sesións) nin polos actores (ao considerarse excluídos) que anuncian medidas de protesta. Os primeiros pecharán hoxe os cines, mentres que os colectivos que agrupan os actores reúnense hoxe en Madrid para decidir as posturas que adoptarán. En Galicia só abrirán as salas de cine independentes e Berta Ojea representará a Asociación de Actores e Actrices nesa xuntanza.
Máis información sobre o peche das salas en El País, La Voz de Galicia, no web da Federación de Cines de España e sobre os actores no web de AISGE
.
Amplía a nova>>
14/06/2007
La Voz de Galicia presenta unha colección que reúne documentais e películas galegas
Un documental máis unha película de ficción conforman a estrutura de “Gallaecia Cinema”, a última colección que repartirá “La Voz de Galicia” cada sábado. Títulos como “Mar adentro”, “Divertimento”, “A lei da fronteira” ou “Pucho Boedo. Un crooner na fin do mundo” fan parte desta colección que durará ata o mes de agosto.
Máis información no web de La Voz de Galicia
.
Amplía a nova>>
14/06/2007
A VI Edición de Mundos Dixitais reunirá na Coruña a elite mundial da animación por ordenador
Os responsables de efectos especiais de Harry Potter ou de "O Labirinto do Fauno". Os gañadores das últimas edicións do prestixios 3D Award. Especialistas internacionais na reconstrución virtual de monumentos. Algúns dos nomes máis destacados da creación por computador estarán presentes no VI encontro Mundos Dixitais da Coruña, entre o tres e o sete de xullo. Ademais, a produtoras galegas Filmax e Dygra presentarán o seus novos proxectos neste campo.
Máis información en El Correo Gallego, en La Opinión, no web do evento e nos nosos arquivos
. Amplía a nova>>