Novas | 3261 a 3270 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

11/06/2007
A Academia Galega do Audiovisual organiza unhas xornadas para coñecer a situación do sector

Falarán empresarios, actores, xornalistas e responsables da Administración en materia do audiovisual. O obxectivo? Dar a coñecer un estado da cuestión, o máis fidedigno posible, de como está o sector audiovisual. As xornadas están organizadas pola Academia Galega do Audiovisual e terán lugar os días 13,14, 20 e 21 de xuño no Clube Internacional de Prensa en horario de 19:00 e 21:00 horas.

Máis información no web da Academia Galega de Audiovisual

. Amplía a nova>>

07/06/2007
Os profesionais galegos positivamente o incremento das deduccións fiscais da lei do cine

Esta semana informabamos do inicio do trámite parlamentario para a aprobación da Lei do Cine. O proxecto de lei presentado polo Goberno incluía, entre outras medidas, o incremento de deduccións fiscais (do 15% ao 18%) para os investimentos no cinema. Unhas medidas que, segundo recolle hoxe “El País” foi ben recibida polos profesionais galegos. A presidenta de AGAPI, Dolores Ben, considera que “reactivará” a industria, o seu homólogo no Clúster, Antón Reixa, considera que é o mellor camiño para atraer máis fondos á produción cinematográfica.

Máis información en El Pais e le o proxecto no web do Ministerio de Cultura

. Amplía a nova>>

07/06/2007
Tres produtoras galegas participan no encontro de animación hispano-canadense de Barcelona

Hoxe arranca en Cataluña, no Museo de Historia de Catalunya, o primeiro encontro Hispano-Canadense de Animación. Unhas xornadas que antes só estaban abertas a longametraxes deste xénero, mentres que agora poden participar todos os proxectos, con independencia da súa duración. Continental Producciones, Filmax Animation-Bren Entertainment e Mara Producciones son empresas galegas. Esta acción fai parte do Plan de Internacionalización do Audiovisual Galego para este ano 2007 do Consorcio Audiovisual de Galicia.

Máis información en Xunta

. Amplía a nova>>

04/06/2007
O Goberno envía ao Congreso unha Lei do Cine que ten unha acollida desigual polo sector

Aplaudida pola Unión de Televisiones Comerciales Asociadas (UTECA) e criticada pola Federación de Cines de España (Fece), o proxecto da Lei do Cine chega ao Congreso por vía de urxencia. O Goberno aprobou o texto que incorpora novidades como os incentivos fiscais para atraer a coprodutores financeiros, a definición de produtor independente (desvencellado de operadores televisivos), unha nova medición da “cota de pantalla” por sesións e non días e a conversión do ICAA nunha Axencia Estatal.

Máis información no web do Ministerio de Cultura e na prensa en La Voz de Galicia , El País e El Correo Gallego

. Amplía a nova>>

31/05/2007
O Centro Galego de Artes da Imaxe proxecta filmes dos últimos realizadores europeos

Belle Tojours (2006) de Manoel de Oliveira, “Il Caimano” (2006) de Nani Moretti, “Ir registra di matrimoni” de Marco Bellochio son algúns dos títulos que se poderán no ver no último ciclo de cine organizado polo CGAI. Unha serie na que se presentará unha selección das películas programadas na III edición da Mostra Internacional de Cinema Europeu Contemporani (Micec), evento organizado en Barcelona polo Grup Cinema da Universitat Pompeu Fabra baixo a dirección de Domènec Font e dedicado ao último e máis interesante cine europeo.

Máis información no web do CGAI

. Amplía a nova>>

31/05/2007
Fernando Redondo e Aurelio Castro fanse cos primeiros premios do ensaio cinematográfico Mari Luz Morales

Con “Lilifilms: viaxe ao centro da experiencia cinematográfica” Fernando Redondo Neira acaba de facerse co primeiro premio no eido galego do certame de ensaio cinematográfico Mari Luz Morales” convocado pola Axencia Audiovisual Galega. Na modalidade internacional Aurelio Castro Varela fíxose co primeiro premio por un ensaio sobre Joaquím Jordá. O xurado destacou tanto a calidade dos traballos presentados, como a preeminencia do ensaio sobre o xénero documental.

Máis información no web da Consellaría de Cultura

. Amplía a nova>>

30/05/2007
O director Ken Loach falará en Santiago de cine e compromiso social

Ken Loach. O realizador británico estará en Santiago o vindeiro 20 de xuño dentro do programa “Conversascon”, un ciclo de conferencias organizado por Vicepresidencia da Igualdade e Benestar da Xunta, para achegar a Galicia temas sociais de primeira índole como, a globalización, a participación, o voluntariado, a solidariedade. O director de filmes como “O meu nome é Joe” ou “Pan e rosas” falará das relacións entre o cinema e o compromiso social. Paralelo ao debate do realizador, o Teatro Principal e a Facultade de Xornalismo acollerán do 11 ao 19 de xuño un ciclo no que se poderán ver as súas películas.

Máis información no web do Voluntariado

. Amplía a nova>>

30/05/2007
As curtas gañadoras do Festival de Cans inician a súa xira por Galicia

O Bar Liceum do Porriño acolle esta noite (22:00 horas) a primeira parada da xira que farán por toda Galicia as curtas gañadoras na cuarta edición do Festival de Cans. As curtametraxes que fan parte das proxección son “Tempada 92-93”, “ A flor máis grande do mundo”, “Sen chumbo”, “As carreiras secretas” e “Promesa”.

Máis información no web do Festival de Cans e na nosa hemeroteca

. Amplía a nova>>

29/05/2007
A Fundación Media abre o prazo para novas convocatorias de axudas

Facilitar a circulación e a comercialización de películas e do patrimonio cinematográfico europeo son os obxectivos da nova convocatoria de axudas que acaba de anunciar a Fundación Media en España. Canda esta axuda, a Fundación que dirixe Jesús Hernández tamén fixo pública a convocatoria de apoio á promoción en Festivais Organizados en Terceiros Paises, co obxetivo de dar a coñecer o noso audiovisual fóra de Europa.

Máis información no web da Fundación Media Desk Spain

. Amplía a nova>>

29/05/2007
A Coruña acolle o primeiro seminario presencial do laboratorio Guionlab

Durante tres días, Daniel Díaz, Álvaro del Amo e Daniel Domínguez analizarán e estudarán os traballos seleccionados do laboratorio Guionlab. Unha nova etapa do laboratorio do Clúster Audiovisual Galego na que pretenderán converter os doce proxectos seleccionados en guións de longametraxes. Despois destas clases prácticas, os doce alumnos seguirán recibindo titorías a distancia ata o mediados de setembro, onde se reunirán en Santiago para un segundo seminario presencial.

Máis información no web do Clúster Audiovisual Galego e na nosa hemeroteca

. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org