Novas | 3271 a 3280 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

29/05/2007
O 96% das producións audiovisuais galegas desenvolven historias propias

O sistema audiovisual galego prefire crear guións que adaptalos. Así o desvelan as cifras da Axencia Audiovisual Galega en “La Voz de Galicia” de hoxe, que asegura que só o 4% do audiovisual galego está baseado en obras do sistema literario. Por formatos audiovisuais é o telefilme onde hai máis adaptacións, un feito que se debe ao proxecto “Un mundo de historias” da Televisión de Galicia.

Máis información en La Voz de Galicia e no web da Axencia Audiovisual Galega

. Amplía a nova>>

29/05/2007
Dúas longametraxes figuran entre os proxectos de Perro Verde Films a curto prazo

Despois de presentar “Berros no corredor” o pasado día 26, a produtora coruñesa Perro Verde Films xa ten os ollos postos noutros proxectos. Este verán rodará en Santiago a longametraxe “A noite da puta e o pan” (título provisional) que contará coa participación de Luis Tosar e coa que o compostelán Alfonso Zarauza se estrea na dirección. Canda esta produción, pretenden rematar a produción de animación 3D “A arca que non é” que ten prevista a súa estrea para o primeiro semestre de 2008.

Máis información no web de Perro Verde Films e na súa ficha en AVG

. Amplía a nova>>

28/05/2007
As vangardas e os novos formatos centran os contidos dos primeiros cursos de verán

A aparición de novas tecnoloxías e de novos soportes para os contidos audiovisuais marcan unha nova etapa para os formatos. Sobre isto falarán un grupo de expertos en medios e técnicas audiovisuais que se reunirán entre o 11 e 13 de xullo en Celanova. É un dos cursos de verán do campus de Ourense da Universidade de Vigo. O de Pontevedra organizará outro que leva por título “As vangardas e o cinematógrafo: unha introducción o cine de vangarda”

Máis información no web da Universidade de Vigo

. Amplía a nova>>

28/05/2007
“Sen chumbo”, Cristina Castaño e Xulio Abonjo vencen no Festival de Cans

Tristán Ulloa puxo o broche final á cuarta edición do Festival de Cine de Cans. O actor e director ofreceu unha conferencia na última xornada na que se deron a coñecer os gañadores desta edición. O xurado destacou a calidade de “Sen Chumbo” (de Jorge Saavedra) que obtivo tres premios do xurado: mellor curtametraxe, mellor actriz (Cristina Castaño) e mellor actor (Xulio Abonjo).

Máis información no Festival de Cans, na nosa hemeroteca e nas fichas da produción, de Xulio Abonjo e Cristina Castaño

. Amplía a nova>>

25/05/2007
A Fundación Caixa Galicia achega ao noso país os traballos do programa Actúa

Todos os anos, a ONG Intermón-Oxfam convoca Actúa, un concurso para sensibilizar á poboación nalgún tema concreto. Este ano, o tema a tratar era a fame no mundo, e as curtametraxes finalistas poderanse ver en A Coruña, Santiago e Vigo (do 8 de maio ao 2 de xuño) nas sedes da Fundación Caixa Galicia.

Máis información no web da Fundación Caixa Galicia

. Amplía a nova>>

25/05/2007
Antón Reixa recibe o premio de honra do Festival de Cans pola súa traxectoria

Hoxe ten lugar a segunda xornada do Festival de Cans. Entre as actividades programadas, está previsto que Antón Reixa recolla o premio de honra Pedrigree´07 pola súa traxectoria cinematográfica. Un galardón creado polo canteiro Paco Candán que xa recibiron Luis Tosar, Celso Bugallo e Mabel Rivera.

Máis información no web do certame e na ficha de Antón Reixa

. Amplía a nova>>

25/05/2007
A AADTEG convértese na AAAG despois de que os técnicos crearan a súa sociedade

A Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena (AADETG) chámase agora Asociación de Actores de Galicia (AAG). Esta sociedade acaba de sufrir unha remodelación para pasar a agrupar exclusivamente a actores, actrices e directores. Unha situación que chega despois de que no mes de febreiro os técnicos do audiovisual crearon unha sociedade (Asociación de Técnicos de Galicia do Audiovisual) presidida por María Liaño para defender os seus intereses.

Máis información na nosa hemeroteca sobre ATEGA e sobre a AAAG no seu web

. Amplía a nova>>

24/05/2007
O compostelán Alfonso Zarauza asistirá ao festival de cine do Ceará mentres ultima a súa primeira longametraxe

“A noite da puta e o pan” é o título da primeira longametraxe de Alfonso Zarauza (Compostela, 1973). Unha ópera prima que levou o premio ao mellor guión no Festival de Cinema Latino de Los Ángeles e que comezará a rodar en Santiago este verán coa participación de Luís Tosar. Ademais, a primeira semana de xuño Zarauza viaxará a Fortaleza (Brasil) para participar no Festival Internacional de Cinema do Ceará, onde estreará “O caio da morte”. Un filme de Wolney Oliveira do que Zarauza é coguionista.

Máis información sobre Alfonso Zarauza na súa ficha

. Amplía a nova>>

24/05/2007
Jorge Algora compite con “O neno de barro” no Festival Internacional de Cine de Montreal”

Despois de estrearse esta fin de semana en toda España, “O neno de barro” competirá no 31 Festival Internacional de Cine de Montreal na categoría de novos realizadores. Un feito destacado, xa que o festival fai parte do grupo de festivais clase “A” do mundo, segundo informa Adivina Producións nun comunicado. O certame terá lugar do 23 de agosto ao 9 de setembro.

Máis información sobre a produción na súa ficha

. Amplía a nova>>

24/05/2007
A proxección da longametraxe “Abrígate” abre o festival de cine Cans

Limusinas en Cannes e chimpíns en Cans, dous medios de locomoción ben distintos para acudir a un festival de cine. Malia a distancia entre ambos proxectos, ambos eventos estrearán simultaneamente o filme de animación “Berros no corredor”. Mentres o da localidade francesa comezou hai unha semana, o de Cans (Porriño), meca do agroglamour, arrinca hoxe. Faino coa proxección da película de Ramón Costafreda “Abrígate” e entre as novidades desta edición destaca un concurso de videoclips.

Máis información no web do festival e na nosa hemeroteca

. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org