Despois de presentar Berros no corredor o pasado día 26, a produtora coruñesa Perro Verde Films xa ten os ollos postos noutros proxectos. Este verán rodará en Santiago a longametraxe A noite da puta e o pan (título provisional) que contará coa participación de Luis Tosar e coa que o compostelán Alfonso Zarauza se estrea na dirección. Canda esta produción, pretenden rematar a produción de animación 3D A arca que non é que ten prevista a súa estrea para o primeiro semestre de 2008.
Máis información no web de Perro Verde Films e na súa ficha en AVG








