Limusinas en Cannes e chimpíns en Cans, dous medios de locomoción ben distintos para acudir a un festival de cine. Malia a distancia entre ambos proxectos, ambos eventos estrearán simultaneamente o filme de animación Berros no corredor. Mentres o da localidade francesa comezou hai unha semana, o de Cans (Porriño), meca do agroglamour, arrinca hoxe. Faino coa proxección da película de Ramón Costafreda Abrígate e entre as novidades desta edición destaca un concurso de videoclips.
Máis información no web do festival e na nosa hemeroteca