Aplaudida pola Unión de Televisiones Comerciales Asociadas (UTECA) e criticada pola Federación de Cines de España (Fece), o proxecto da Lei do Cine chega ao Congreso por vía de urxencia. O Goberno aprobou o texto que incorpora novidades como os incentivos fiscais para atraer a coprodutores financeiros, a definición de produtor independente (desvencellado de operadores televisivos), unha nova medición da cota de pantalla por sesións e non días e a conversión do ICAA nunha Axencia Estatal.
Máis información no web do Ministerio de Cultura e na prensa en La Voz de Galicia , El País e El Correo Gallego








