Ken Loach. O realizador británico estará en Santiago o vindeiro 20 de xuño dentro do programa Conversascon, un ciclo de conferencias organizado por Vicepresidencia da Igualdade e Benestar da Xunta, para achegar a Galicia temas sociais de primeira índole como, a globalización, a participación, o voluntariado, a solidariedade. O director de filmes como O meu nome é Joe ou Pan e rosas falará das relacións entre o cinema e o compromiso social. Paralelo ao debate do realizador, o Teatro Principal e a Facultade de Xornalismo acollerán do 11 ao 19 de xuño un ciclo no que se poderán ver as súas películas.
Máis información no web do Voluntariado








