Novas | 3161 a 3170 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

22/11/2007
Ourense pretende fomentar a relación entre e cine e emigración

“Donkey Xote” é a gran aposta de Fílmax para este nadal, e tamén é un dos pratos fortes do Festival de Cine de Ourense. A produción, da que un 70% se fixo en Galicia e ten un custe de 13 millóns, estréase hoxe coa presenza dos actores que se encargaron da versión galega. Canda isto, onte deu comezo o ciclo paralelo “Cine e emigración” que este ano agrupa doce títulos (dúas longametraxes, sete curtas e tres documentais). Un apartado que pretende converterse, de cara a vindeiras edicións, no buque insignia do festival.

Máis información no web do Festival de Ourense

. Amplía a nova>>

22/11/2007
“Libro de familia” e “O partido” premiados pola Academia das Ciencias e as Artes de Televisión

A produción da División Audiovisual do Grupo Correo Gallego, Libro de Familia, acaba de ser galardoada como mellor programa autonómico de ficción nos premios anuais concede a Academia das Ciencias e das Artes de Televisión de España. Unha entidade que tamén recoñeceu, entre os premiados da televisión estatal, o telefilme “O partido” como a mellor película para televisión. Os premios, que se concederon nunha gala celebrada onte e presentada por Andreu Buenafuente, son o equivalente dos Goya para a pequena pantalla.

Consulta o palmarés na wikipedia e en AVG as fichas de Libro de Familia e O Partido

. Amplía a nova>>

21/11/2007
Guerín recolle o premio Cineuropa e presenta “Na cidade de Sylvia”

O Teatro Principal de Santiago de Compostela volve estender a súa alfombra vermella para conceder o segundo dos galardóns desta edición de Cineuropa. Esta vez, quen subirá ao estrado para recoller o seu premio será José Luís Guerín (Barcelona, 1960) quen aproveitará para presentar “Na cidade de Sylvia”, o filme no que conta a historia dun mozo estranxeiro que busca á unha muller que coñeceu anos atrás e cuxo recordo gravita sobre a cidade.

Máis información no web de Cineuropa

. Amplía a nova>>

21/11/2007
O audiovisual galego centra unha nova xornada do Festival de Cine de Ourense

“A casa de lola de Andrés” (Olaia Sendón), “Liste, pronunciado Líster” (Margarita Ledo) e “Pérez, o ratiño dos teus soños” (Fílmax) son a representación galega prevista para hoxe na duodécima edición do Festival de Cine de Ourense. Un encontro que onte debateu a situación do audiovisual na que se concluíu que en Galicia existen bos profesionais pero que teñen graves déficits para atopar financiamento. Ademais, esta tarde terá lugar a mesa redonda sobre “ensino e formación audiovisual” de xeito paralelo ás proxeccións.

Máis información no web do Festival

. Amplía a nova>>

19/11/2007
Carlos Saura presenta o seu “Fados” dentro da programación de Cineuropa

Non estaba previsto no cartel pero, ante a oportunidade, Cineuropa acollerá hoxe a presentación da última película de Carlos Saura “Fados”. O director estaba en Santiago con motivo do acto de clausura da “Mostra Portuguesa” que incluía a súa última longametraxe arredor dos fados e a organización de Cineuropa decidiu darlle cabida na programación. Isto implica a cancelación das proxeccións das 18:00 e das 20:00 horas do Salón Teatro e un atraso de media hora na das 22:00 horas. Un cambio que se enriquece coa proxección e posterior coloquio de Saura.

Máis información no web de Cineuropa

. Amplía a nova>>

19/11/2007
Ourense presenta o seu “market place” para fomentar a venda de producións audiovisuais

Baixo o nome de “market place” e “punto de encontro”, o Festival Internacional de Cine de Ourense pretende fomentar as relacións empresariais para a evolución deste sector no noso país. Estes apartados abríronse onte, e contan coa presenza de stands de Filmax, a Axencia Audiovisual Galega, Tic-Tac, Cinema Estudo e, desde hoxe, Saga Televisión. Tendo en conta que o lema desta edición do festival é “Reiventando un festival”, hoxe haberá unha mesa redonda na que os profesionais e o público poderán discutir a función dun festival coma este.

Máis información no web do Festival de Cine de Ourense e na nosa hemeroteca

. Amplía a nova>>

16/11/2007
Comeza o XII Festival Internacional de Cine de Ourense

A agardada XII edición do Festival Internacional de Cine de Ourense, chamada a marcar un novo ciclo na historia deste evento comeza este sábado a achegar 11 longametraxes, 10 documentais e 57 curtametraxes chegados dos cinco continentes. Para alén do novo director, Enrique Nicanor, e da transformación de Independente a Internacional, o festival prevé xa para o vindeiro ano mudar as súas datas.

Máis información no web do festival en La Voz de Galicia; en La Región; a evolución do festival nos nosos arquivos

. Amplía a nova>>

12/11/2007
As produtoras presentarán máis de sesenta proxectos nos II Encontros “Galicia, terra de cine”

Naceron no 2006 para promover o audiovisual feito no país entre xornalistas, distribuidores, directores de festivais e especialistas en xeral. Os encontros “Galicia, terra de cine”, que promove o Consorcio Audiovisual Galego, celebran a vindeira fin de semana na Coruña a súa segunda edición. Un total de 25 produtoras galegas achegarán máis de 66 proxectos que se verán nas pantallas no vindeiro ano.

Máis información no web do Consorcio e na nosa hemeroteca

. Amplía a nova>>

12/11/2007
Cineuropa achega en pase único “Redacted”, o polémico filme de Brian de Palma

O Festival de Cine de Santiago enfila a segunda semana con dúas novidades. En primeiro lugar, que mañá proxectará en pase único (22:15 horas) a censurada película de Brian de Palma sobre Irak, “Redacted”. En segundo lugar, o xoves terá lugar o acto de entrega do premio Cineuropa 2007 a Vicente Aranda. A gala terá lugar no Teatro Principal e asistirá, ademais do director catalán, os actores Eduardo Noriega e Flora Martínez. No acto terá lugar a proxección do seu último filme “Cancións de amor en Lolita´s Club”.

Máis información no web de Cineuropa

. Amplía a nova>>

09/11/2007
A CRTVG incrementa o seu orzamento e anuncia que seguirá a exercer de motor do sector audiovisual

142.1 millóns de euros para a actividade a realizar no 2008. Este é o orzamento que terá a Compañía de Radio Televisión de Galicia para o vindeiro exercicio, tal e como explicou o seu director, Benigno Sánchez, na comisión parlamentaria á que acudiu para explicar as contas. Ademais, apuntou o interese de seguir sendo o “motor principal do sector audiovisual” para o que destinará 43.7 millóns do seu orzamento total.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org