Novas | 3171 a 3180 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

09/11/2007
Cultura e o IGAPE asinan un convenio para abrir novas vías de financiamento para o audiovisual

Ábrense novas vías económicas para apoiar o audiovisual. Aos préstamos directos concedidos polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e ás participacións en capital risco realizadas por Xesgalicia, engádeselle outra máis. Trátase de préstamos por importe de 20 millóns de euros para producir e mercar equipos técnicos por parte das Pemes do sector. Así o contempla un convenio que subscribiron a Consellaría de Cultura, o IGAPE e varias entidades financeiras e sociedades de garantía recíproca.

Máis información no web da Axencia Audiovisual Galega

. Amplía a nova>>

08/11/2007
Proxeccións e obradoiros achegan ata Malta o audiovisual e a cultura galega

Hoxe comeza en Malta unha mostra de cine galego. Unhas xornadas que chegan grazas ao esforzo do Consorcio Audiovisual de Galicia no seu plan de internacionalización. Ademais das proxeccións de producións audiovisuais a xornada inclúen tamen obradoiros para coñecer a historia, xeografía e a historia do Camiño de Santiago.

Máis información no web da Xunta

. Amplía a nova>>

07/11/2007
AVG abre un novo servizo para incrustar as súas fichas de producións e profesionais noutros webs

Similar ao coñecido procedemento para publicar vídeos das plataformas máis populares, como YouTube ou Google Video, agora AVG, o soportal do audiovisual galego, permite incorporar unha versión resumida das súas fichas de produción noutros webs, foros ou blogs. As fichas están sempre actualizadas coa última información que recibimos e é unha interesante ferramenta para visibilizar o traballo de profesionais e produtoras Busca o apartado "Compartir" ao carón das sinopses ou biografías.

Explora as posibilidades no noso directorio de producións ou no de profesionais

. Amplía a nova>>

06/11/2007
O Clúster preséntase no Salón Internacional da Tecnoloxía Audiovisual

Os principais obxectivos que persegue o Clúster Audiovisual Galego (CLAG) encóntranse estes días en Madrid. Dunha banda porque a entidade que agrupa preto de 50 empresas do sector audiovisual do país, presentouse na Casa de Galicia en Madrid onde anunciou que está na fase final de creación dunha marca identificativa que impulsará o sector. Da outra, porque nese camiño pola internacionalización, o Clúster participa por primeira vez no “Broadcast”, o Salón Internacional da Tecnoloxía Audiovisual, que se celebra del 6 ao 9 de novembro en IFEMA, no marco do Salón Internacional da Informática Multimedia e as Telecomunicacións (SIMO).

Máis información no web do Clúster Audiovisual e no do SIMO

. Amplía a nova>>

05/11/2007
Guerín, Aranda e Jane Birkin son os premiados no festival Cineuropa que arrinca en Santiago

O martes 6 arrinca en Santiago unha nova edición de Cineuropa, o festival de cine alternativo que enche de cine o mes de novembro compostelán desde hai vinte e un anos. Canda ao programa do festival, os organizadores deron a coñecer os gañadores dos premios Cineuropa que nesta ocasión son tres: os directores Jose Luís Guerín e Vicente Aranda e a actriz Jane Birkin. Cada un deles recollerá o seu premio nunha gala semanal que incluirá a estrea dos seus últimos filmes. En canto aos títulos que se proxectarán nesta edición destacan a gañadora do Oso de Ouro, “A voda de Tuya”; “Redacted”, a censurada película de Brian de Palma (nun único pase); e “O paraíso de Haffner”, que se presentou nos festivais de Florencia, Valladolid e Xerusalén.

Consulta o programa no web da Concellaría de Cultura de Santiago e na nosa hemeroteca

. Amplía a nova>>

02/11/2007
“O menor dos males” abre a duodécima edición do Festival de Cine de Ourense

Xa se coñece o programa da 12ª edición do Festival de Cine de Ourense que permanece fiel á súa estrutura tradicional con tres seccións competitivas, oito non competitivas, mais as paralelas e as seccións especiais. Na sección oficial hai producións galegas en todas as categorías: “O menor dos males” que, ademais de abrir o festival o vindeiro día 17, competirá pola Calpurnia á mellor longametraxes; “A casa de Lola de Andrés” e “Barreiros, motor humano” figuran na categoría de documental e sete producións na de curtametraxe. Entre as seccións paralelas destaca o interese por recuperar o diálogo dentro da produción.

Máis información no web do Festival

. Amplía a nova>>

02/11/2007
Amal pecha coa entrega dos premios mentres Touriño anuncia que terá outra edición en terras árabes

“Rise and shine” (mellor curta), “Beyond the wall” (mellor documental), Hend Sabry (mellor actriz), Bashar Dahas (mellor actor), “Columpios” (premio do público), Nasser Bakhit por Night Shadows (mellor director) e, “Driving to Zigzigland” (mellor película) foron os gañadores da quinta edición do festival euroárabe Amal. Un certame que repartiu máis de 16.500 euros en premios e que deixou outra nova. A que deu o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, na gala de clausura do certame ao anunciar que a Xunta estuda a realización dun encontro cinematográfico en terra árabe para "dar a coñecer o cine e a cultura de Galicia".

Máis información no web do Festival, no da Xunta sobre o anuncio de Touriño; en El Correo Gallego os premiados, e máis sobre o certame na nosa hemeroteca

. Amplía a nova>>

31/10/2007
Margarita Ledo estreará “Liste, pronunciado Líster” no marco de Cineuropa

Xa se sabe algo máis do festival de cine de Compostela, Cineuropa. O evento ofrecerá cada semana unha gala na que se presentará un filme ou terá lugar algún acto de entrega de premios. Margarita Ledo será a primeira en abrir ese formato coa presentación de “Liste, pronunciado Líster”, a súa visión sobre o líder comunista nacido en Calo e erixido nunha das figuras míticas da Guerra Civil. Ademais, entre os filmes que se proxectarán está “É un mundo libre”, de Ken Loach, “A muller cortada en dous”, de Claude Chabrol; “A duquesa de Langeais”, de Jacques Rivette; ou “Cen cravos” de Ermanno Olmi. A programación definitiva, os premiados nesta edición e as novidades saberanse o luns 5, na véspera que de comece o festival.

Máis información sobre Cineuropa na nosa hemeroteca

. Amplía a nova>>

25/10/2007
O documental sobre a evolución de Andalucía centra a xornada de hoxe de Amal

O festival de cine Euroárabe chega hoxe a unha nova sesion. A primeira hora poderanse ver as curtametraxes “Still Life”(20 min), “Mirrors of silence” (16 min), “Going for a ride” (15 min). Ás dez poderase ver “Conto das dúas beiras”, unha longametraxe documental, a modo de ensaio, para amosar unha proposta expresiva, unha análise sobre a situación histórica e social de Andalucía no presente a partir do pasado. Canda ela, poderase ver “Cinema 500 KM (42 min)”

Máis información no web de Amal . Amplía a nova>>

25/10/2007
Cineuropa fai un avance da súa programación, que inclúe filmes premiados noutros festivais

“A voda de Tuya” premiada co Oso de Ouro en Berlín; “Catro meses, tres semanas, dous días” galardoada coa Palma de Ouro en Cannes; “ O bosque de loito” gran premio do Xurado en Cannes así como o “Redacted”, o último filme Brian de Palma, León de Prata nesta edición do festival de Venecia son algúns dos títulos que se proxectarán na vindeira edición de Cineuropa (6 de novembro-3 de decembro). A cita de cine que organiza o Concello de Santiago contará cunha sección dedicada aos filmes de xénero fantástico, máis as xa habituais “Mundo Asia” ou “Doc-Music”.

Máis información no web Compostela Cultura e sobre edicións anteriores na nosa hemeroteca

. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org