O martes 6 arrinca en Santiago unha nova edición de Cineuropa, o festival de cine alternativo que enche de cine o mes de novembro compostelán desde hai vinte e un anos. Canda ao programa do festival, os organizadores deron a coñecer os gañadores dos premios Cineuropa que nesta ocasión son tres: os directores Jose Luís Guerín e Vicente Aranda e a actriz Jane Birkin. Cada un deles recollerá o seu premio nunha gala semanal que incluirá a estrea dos seus últimos filmes. En canto aos títulos que se proxectarán nesta edición destacan a gañadora do Oso de Ouro, A voda de Tuya; Redacted, a censurada película de Brian de Palma (nun único pase); e O paraíso de Haffner, que se presentou nos festivais de Florencia, Valladolid e Xerusalén.
Consulta o programa no web da Concellaría de Cultura de Santiago e na nosa hemeroteca








