Novas | 3181 a 3190 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

22/10/2007
Comeza o festival de cine euroárabe mentres o de Ourense perde a etiqueta de independente

Hoxe comeza en Santiago a quinta edición do festival de cine euroárabe Amal, o terceiro máis importante dos que teñen lugar con esta temática en Europa. Un total de 47 filmes encherán a cidade, tomando o relevo deixado por Curtocircuíto, que concluíu este sábado coa entrega de premios. Mentres, o Festival de cine de Ourense anuncia unha reestructuración da súa programación ao tempo que perde a etiqueta de "independente".

Continúa a nova aquí . Amplía a nova>>

19/10/2007
O CGAC inicia un ciclo de cine que recolle as consecuencias da Guerra Civil Española

As pegadas da guerra do 36 e as feridas que causou na sociedade son o eixe sobre o que se artella “Ficcións bélicas”, o ciclo de cine que organiza o Centro Galego de Arte Contemporáneo (do 22 ao 27 de outubro). “Furtivos” (1975) de José Luis Borau e “El diputado” (1978), de Eloy de la Iglesia, “Mambrú se fue a la guerra” (1986) de Fernando Fernán-Gómez,e “Madregilda” (1993) de Francisco Regueiro son algúns dos títulos que se proxectarán en sesión doble.

Máis información e programación no web do CGAC

. Amplía a nova>>

19/10/2007
Un telefilme de Vaca Films é candidato a un premio da Academia da Televisión

Vaca Films atravesa un dos seus momentos máis doces desde a súa creación. Acaba de ser seleccionada para recibir unha axuda do programa Media da Unión Europea e o seu telefilme “O partido” é unha da candidatas ao premio da Academia das Ciencias e as Artes da Teleivisón para competir no apartado de Mellor Película de Televisión. A produción dirixida por Juan Calvo está protagonizada por Carlos Blanco, Antonio Dechent e Eloi Yebra.

Máis información sobre Vaca Films no seu web e na nosa hemeroteca

. Amplía a nova>>

18/10/2007
Comeza o mercado de Curtocircuíto mentres o CGAI prepara un ciclo de programación infantil

Ás 11:30 horas de hoxe arranca na sede da Fundación Torrente Ballester o mercado de Curtocircuíto, o festival de curtametraxes que organiza o Concello de Santiago. Presentacións de catálogos, proxeccións e xornadas técnicas servirán para abrir vías de negocios para as máis de cincocentas curtametraxes que se presentaron nesta edición. Canda iso, o Centro Galego de Artes da Imaxe inaugura o ciclo de cine para nenos e familias, nos que recupera “As aventuras do príncipe Achmed”, a primeira longametraxes de animación datada en 1926. Todo isto poderase ver en AVG, o soportal do audiovisual galego, que estrea nova imaxe. Un redeseño para que atopes con facilitade os vídeos, material multimedia e a información sobre a actualidade do sector.

Máis información no web de Curtocircuíto, no do CGAI e descubre a nova imaxe de AVG

. Amplía a nova>>

17/10/2007
Dous traballos galegos son candidatos aos Goya na categoría de curtametraxes

“A flor máis grande do mundo”, de Continental e dixirida por Juan Pablo Etcheverry, e “O bufón e a infanta”, que dirixiu Juan Galiñanes para Dygra Films, son as dúas producións galegas que acaban de ser seleccionadas pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas de España como candidatas ao Premios Goya na categoría de curtametraxes. Co cambio de sistema deste ano, os gañadores saberanse o vindeiro 17 de decembro, no momento no que se farán públicos os finalistas no resto de candidaturas.

Máis información en La Opinión; as nosas fichas sobre O bufón e a infanta e A flor máis grande do mundo e sobre os premios Goya na nosa hemeroteca

. Amplía a nova>>

16/10/2007
Amal pretende ofrecer co cine unha visión descoñecida do mundo árabe

Nove longametraxes, oito documentais e trinta curtametraxes que comparten un mesmo denominador común: de factura ou de temática árabe. Canda eles un completo programa de actividades paralelas pretenden achegar unha faceta descoñecida deste mundo que habitualmente non tratan os medios de comunicación. O festival Amal07, organizado pola Fundación Araguaney, comeza o vindeiro sábado coa exposición do pintor iraquí Jaber Alwan que leva máis de trinta anos exiliado en Roma.

Máis información no web do festival e na nosa hemeroteca

. Amplía a nova>>

15/10/2007
A Asociación de Actores e Actrices organiza as III xornadas do audiovisual

A figura do autor e as posibilidades das curtametraxes en relación co traballo dos actores son os dous temas que centrarán as III Xornadas do Audiovisual Galego que organiza a Asociación de Actores e Actrices de Galicia. Un encontro que terá lugar o xoves 18 e o venres 19 de outubro no Consello da Cultura Galega (horario de 16:30 a 20:30).

Máis información no web da AAG . Amplía a nova>>

09/10/2007
A Xunta convoca o premio Chano Piñeiro reducindo a dotación á metade

Audiovisual galego e audiovisual internacional con relevancia para Galicia. Son as dúas modalidades coas que conta a II edición do premio Chano Piñeiro. O galardón, que toma o nome do coñecido realizador forcaricense, pretende recompensar o labor dos profesionais que desenvolvan unha traxectoria relevante no sector.

Máis información no web da Xunta e na segunda hemeroteca

. Amplía a nova>>

09/10/2007
O festival de Curtametraxes amplía a súa programación para achegarse ao público infantil

Os nenos tamén terán o seu protagonismo na IV edición do Festival Internacional ‘Curcocircuito”. Grazas a un convenio coa Fundación Caixa Galicia, o festival de curtametraxes que organiza o concello de Santiago ofrecerá dez pezas para un público infantil. Un feito que ten outra característica que é que as proxeccións non só terán lugar en Santiago, senón tamén en Ferrol, A Coruña, Pontevedra e Vigo nas sedes culturais que ten a entidade financeira.

Máis información no web do festival

. Amplía a nova>>

09/10/2007
O festival de cine de Ourense apostará polas producións galegas na próxima edición

“Reinventar un Festival en Galicia”. Este é o lema co que contará a vindeira edición do Festival Internacional de Cine Independente de Ourense que conta con novo xerente (Enrique Nicanor, produtor, antigo director de La2 e comisario do programa Media da UE en España). O evento, que terá lugar do 17 ao 24 de novembro pretende reunir todas as institucións de Galicia con competencias en materia audiovisual así como todas as empresas do sector que hai no país.

Máis información en Galicia Hoxe, na nosa hemeroteca e no sitio web do festival

. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org