As pegadas da guerra do 36 e as feridas que causou na sociedade son o eixe sobre o que se artella Ficcións bélicas, o ciclo de cine que organiza o Centro Galego de Arte Contemporáneo (do 22 ao 27 de outubro). Furtivos (1975) de José Luis Borau e El diputado (1978), de Eloy de la Iglesia, Mambrú se fue a la guerra (1986) de Fernando Fernán-Gómez,e Madregilda (1993) de Francisco Regueiro son algúns dos títulos que se proxectarán en sesión doble.
Máis información e programación no web do CGAC








