Novas | 3191 a 3200 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

08/10/2007
Remata a primeira edición do festival de creación do Condado coa concesión dos premios

“Ainda há pastores” do director portugués Jorge Pelícano, “For(r)est in the des(s)ert” do vasco Luiso Berdejo e “La gallina ciega” da vasca Isabel Reguera acaban de facerse cos premios de mellor documental, mellor curtametraxe e mellor videocreación da I Mostra Internacional de Videocreación o Condado (MÍVICO 07). Un evento que congregou a máis de mil persoas e que deixou máis de cincuenta proxeccións, concertos e obradoiros.

Máis información no web do congreso

. Amplía a nova>>

05/10/2007
O Consorcio abre un servizo para promover o emprego no sector audiovisual

Poñer en contacto a candidatos con empresarios na procura de persoal cualificado, asesorar aos profesionais do sector e axudar á rotación dos traballadores do eido audiovisual son os obxectivos que persegue o novo servizo que ofrece o Consorcio Audiovisual de Galicia. A entidade que dirixe Nacho Varela poñerá en marcha esa Bolsa de Emprego e un Servizo de Asesoramento, as persoas interesadas poden obter máis información no teléfono 981 957 182.

Máis información no web do Consorcio Audiovisual de Galicia

. Amplía a nova>>

05/10/2007
A nova lei do cine crea un fondo para apoiar filmes en galego, vasco e catalán

A lei do cine estatal quedou desbloqueada onte, despois de que Esquerra Republicana, Esquerda Unida e Convergencia i Unió retirasen as súas emendas á totalidade. O motivo foi que o goberno accedeu a crear un fondo específico para o cine nas linguas cooficiais: galego, catalán e vasco. Un máximo de once millóns de euros que sufragarán o Ministerio de Cultura e as administracións autonómicas con lingua propia.

Máis información en El País, en La Voz de Galicia, El Correo Gallego e en La Opinión . Amplía a nova>>

04/10/2007
Cultura presenta un programa para achegar filmes aos concellos que non teñen salas de cine

Sada e Arteixo estrean esta noite o programa “Cinemas dixitais”, unha iniciativa da Consellaría de Cultura para achegar 13 telefilmes a aqueles concellos que non teñen salas de cine. O proxecto, que inclúe corenta localidades xa anotadas, pretende promover as producións audiovisuais do país e, ao mesmo tempo, estabilizar as programacións culturais dos concellos.

Máis información no web da Consellaría de Cultura

. Amplía a nova>>

04/10/2007
Dolores Ben repite á fronte da Asociación Galega de Produtoras Independentes

AGAPI, a Asociación Galega de Produtoras Independentes, celebrou a semana pasada unha Asamblea Xeral na que elexiu a súa nova Xunta Directiva. Dolores Ben repite no seu cargo de presidenta e, canda ela, estarán Pancho Casal, José Manuel Abeleira e Fernanda del Nido.

Máis información no web de AGAPI

. Amplía a nova>>

04/10/2007
Tres producións galegas poderanse ver no Festival de Cine Fantástico de Sitges

“Nocturna” (Filmax) , “A crise carnívora”(Continental) e “Os Totenwackers” (Filmanova) son as tres producións galegas que se poden ver no Festival de Cine Fantástico de Sitges, un dos máis destacados de Europa na súa categoría. Mentres as dúas primeiras, que chegarán á carteleira en breve, fan parte da sección Anima-t, a terceira intégrase dentro das sesións especiais de proxeccións destinadas a público infantil.

Máis información no web do Festival de Sitges e nas fichas Nocturna, A crise carnívora e Os totenwackers. Amplía a nova>>

03/10/2007
Comeza no Condado MÍVICO, a primeira edición do festival de videocreación

Despois dunha primeira fase itinerante polos concellos de Nigrán, Mondariz e Ponteareas, chega o prato forte da Mostra Internacional de Videocreacións do Condado. Mañá comeza nesta vila pontevedresa o evento cultural que organiza Quadra Producións e que pretende exhibir de escaparate da videocreación. A mostra dura ata o sábado, día no que terá lugar a entrega de premios Zúmballe ao mellor documentario, á mellor videocreación de ficción, á mellor videcreación eu n cuarto premio do público.

Máis información no web do Festival

. Amplía a nova>>

03/10/2007
A presenza das cidades no cine protagoniza un ciclo de cine

Non son meros decorados, ás veces teñen importancia no devir fílmico das producións. Falamos das cidades, o obxecto de reflexión do ciclo “Cinecidade” que organiza o Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) en Santiago. O ciclo que comezou onte martes coa proxección de Manhattan de Woody Allen continúa ata o venres na Aula de Cultura da Fundación Caixa Galicia (Carreira do Conde).

Máis información en Compostela Cultura

. Amplía a nova>>

03/10/2007
Santiago acolle un ciclo de cine sobre a pobreza

O documental colectivo, “No mundo a cada rato”, no que participa a directora galega Patricia Ferreira abre esta tarde (Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación, 20:00 horas) o ciclo “Cinema contra a pobreza e a desigualdade”. Un programa paralelo ao simposio internacional “Pobre Mundo Rico” que organiza o Clube Internacional de Prensa. Durante este mes de outubro haberá proxeccións semanais nos que se analizarán as diferentes caras que pode adoptar a pobreza.

Máis información no web do simposio

. Amplía a nova>>

03/10/2007
Unha enquisa do Consorcio Audiovisual destaca que a maioría dos escolares teñen móbil

O 86% dos escolares teñen ordenador persoal e móbil, o 90% recoñece empregar o messenger para comunicarse cos amigos e o 75% ten un reprodutor de música dixital. Son algunhas das cifras que se tiran da enquisa elaborada polo Consorcio Audiovisual de Galicia a propósito do seu programa “Audiovisual nas aulas” que este ano celebrará a quinta edición. Canda estas cifras, a enquisa tamén di que 147 rapaces (de 1.391 entrevistados) asegura non ter lido ningún libro.

Máis información no web do Consorcio Audiovisual de Galicia

. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org