O documental colectivo, No mundo a cada rato, no que participa a directora galega Patricia Ferreira abre esta tarde (Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación, 20:00 horas) o ciclo Cinema contra a pobreza e a desigualdade. Un programa paralelo ao simposio internacional Pobre Mundo Rico que organiza o Clube Internacional de Prensa. Durante este mes de outubro haberá proxeccións semanais nos que se analizarán as diferentes caras que pode adoptar a pobreza.
Máis información no web do simposio








