Sada e Arteixo estrean esta noite o programa Cinemas dixitais, unha iniciativa da Consellaría de Cultura para achegar 13 telefilmes a aqueles concellos que non teñen salas de cine. O proxecto, que inclúe corenta localidades xa anotadas, pretende promover as producións audiovisuais do país e, ao mesmo tempo, estabilizar as programacións culturais dos concellos.
Máis información no web da Consellaría de Cultura








