Os nenos tamén terán o seu protagonismo na IV edición do Festival Internacional Curcocircuito. Grazas a un convenio coa Fundación Caixa Galicia, o festival de curtametraxes que organiza o concello de Santiago ofrecerá dez pezas para un público infantil. Un feito que ten outra característica que é que as proxeccións non só terán lugar en Santiago, senón tamén en Ferrol, A Coruña, Pontevedra e Vigo nas sedes culturais que ten a entidade financeira.
Máis información no web do festival








