A voda de Tuya premiada co Oso de Ouro en Berlín; Catro meses, tres semanas, dous días galardoada coa Palma de Ouro en Cannes; O bosque de loito gran premio do Xurado en Cannes así como o Redacted, o último filme Brian de Palma, León de Prata nesta edición do festival de Venecia son algúns dos títulos que se proxectarán na vindeira edición de Cineuropa (6 de novembro-3 de decembro). A cita de cine que organiza o Concello de Santiago contará cunha sección dedicada aos filmes de xénero fantástico, máis as xa habituais Mundo Asia ou Doc-Music.
Máis información no web Compostela Cultura e sobre edicións anteriores na nosa hemeroteca








