Novas | 3151 a 3160 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

03/12/2007
A segunda canle da TVG comezará a emitir no 2008 e no 2009 terá outra só con informativos

O futuro é dixital. Por iso, Televisión de Galicia está a desenvolver progresivamente os proxectos que terá para as catro canles. Así o detallou Suso Iglesias, director da TVG, no marco do Foro da Academia Galega do Audiovisual que remata hoxe en Santiago. Segundo explicou Iglesias a primeira canle ofrecerá programación xeneralista; a segunda atenderá a contidos infantís, xuvenís e culturais e comezará a emitir a mediados do 2008; a terceira canle será exclusivamente informativa e comezará a emitir en 2009, que coincide co fin do proceso interno de dixitalización da TVG. En cuanto á cuarta canle, Suso Iglesias comentou que aínda se están a delimitar os seus contidos. Ademais, El País acaba de publicar que o Executivo adía para a próxima lexislatura a reforma da TVG.

Máis información no web da Academia e sobre a reforma da TVG en El País

. Amplía a nova>>

30/11/2007
Jane Birkin recibe o premio Cineuropa nos últimos días do certame

Cineuropa chega ao seu fin. Pero antes de que iso suceda o luns co habiutal maratón, Jane Birkin recollerá o seu galardón. Vaino facer un día antes do previsto, o sábado día 1 de decembro, nun acto ás 17.00 h no Salón Nobre da Casa do Concello. Seguiralle un concerto da artista que fai parte do ciclo Sons da Diversidade. Este cambio no acto de entrega do terceiro premio desta edición, provoca unha serie de cambios na programación dos últimos días.

Máis información no web do Festival e na nosa hemeroteca

. Amplía a nova>>

30/11/2007
Documentais sobre o ecosistema fluvial pechan en Vigo a XVI Semana de Cine Submarino

A produción británica “Auga doce” e a galega “Augas vivas de Galicia” sobre os ecosistemas que viven nos ríos proxéctanse hoxe no marco da XVI Semana de Cine Submarino. Un encontro que organiza o Club Subacuático Bahía de Vigo. Canda as proxeccións, Isabel Pardo, directora do equipo de Ecoloxía de sistemas actuáticos epicontinentais da Universidade de Vigo, ofrecerá a unha conferencia sobre o seu intenso labor investigador na materia. Remata así un ciclo no que tamén falaron Mike Valentine e Manu San Félix.

Máis información no web do Club Subacuático Bahía de Vigo

. Amplía a nova>>

30/11/2007
A Xunta estuda a posibilidade de crear unha canle de emisión por internet

Nos últimos meses, a Xunta contou cunha canle a través de internet na que emitiu en tempo real as conferencias do Congreso “Pobre Mundo Rico”. Agora, a Secretaría Xeral de Comunicación, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, pretende aproveitar o desenvolvemento desa tecnoloxía ao anunciar que estuda a posibilidade de crear unha canle para emitir “contidos audiovisuais xerados en Galicia, erixíndose como o escaparate do audiovisual galego no exterior.” O anuncio fíxoo Manuel José Fernández, director xeral na materia, no transcurso do Foro da Academia Aberta.

Olla a canle . Amplía a nova>>

28/11/2007
Continental participa nun proxecto de comercialización de contidos na rede

O sector audiovisual tiña que ver Internet como unha oportunidade e non como unha ameaza. Por iso, diferentes empresas que se dedican á produción, estiveron a darlle voltas en como sacarlle partido ás súas posibilidades. O resultado é “Filmin” un portal no que participan Continental, El Deseo, Golem, Tornasol, Vértigo Films, Wanda Visión, Alta Films e Cameo. O portal ten dúas partes: unha de tenda, na que se poderá ver e descargar longametraxes, curtametraxes e material adicional, tal como o making of, entrevistas ou escenas eliminadas de títulos de autores consagrados, noveis e, como non, contidos dos propios usuarios de Filmin que queiran subir alí as súas obras. A outra é de comunidade, que pretende fomentar o debate arredor do audiovisual. O portal estará plenamente activo en marzo de 2008 e nel haberá unha sección específica para producións en galego.

Máis información en Filmin

. Amplía a nova>>

28/11/2007
A Coruña acolle unhas xornadas para explicar a lei do cine e o dereito de autor

O Proxecto de Lei do Cine entrará en vigor, posiblemente, este ano. Pero para evitar confusións na súa aplicación, a Asociación para o estudo e ensino do dereito de autor (Aseda) e Caixanova acaban de convocar unha xornada explicativa sobre os principais aspectos do texto e como afecta aos dereitos de autor. O evento terá lugar no Centro Social Caixa Nova (A Coruña) este venres e sábado.

Máis información no web do Consello da Avogacía Galega

. Amplía a nova>>

28/11/2007
O actor José García e o realizador Jaime de Armiñán fanse cos premios Chano Piñeiro

A segunda edición dos Premios Chano Piñeiro do audiovisual que outorga a Xunta de Galicia xa ten gañadores. O actor de orixe ourensá José García, que desenvolve unha brillante carreira en Francia, foi galardoado polo seu traballo coma embaixador do noso cine. Ao tempo, o realizador Jaime de Armiñán viu recoñecido, entre outros, o mérito de ser o realizador galego que máis veces ten rodado no noso país. Os premios entregaranse mañá xoves nunha gala que se celebrará no coruñés Teatro Colón.

Máis información no web da Xunta, en Xeración Web, en La Voz de Galicia , en El País e nos nosos arquivos

. Amplía a nova>>

27/11/2007
O Foro da Academia do Audiovisual analiza a implantación da televisión dixital terrestre

Faltan dous anos e medio para o apagón analoxico e Academia Galega do Audiovisual dedica o seu foro para analizar a situación da televisión dixital na comunidade galega e os plans de acción dos principais grupos mediáticos beneficiarios destas licenzas de emisión. “A televisión dixital en Galicia: novas tecnoloxías, novos servizos” é o título destas xornadas que se desenvolverán este xoves 29 e o venres 30 de novembro no Hotel NH Obradoiro de Santiago, e que prestarán a atención tanto as TDT locais como as autonómicas, a súa situación actual e potencialidades de crecemento.

Máis información no web da Academia e as nosas reportaxes sobre as licenzas de televisión dixital local e autonómica

. Amplía a nova>>

26/11/2007
Cineuropa supera os 15.000 asistentes cando falta unha semana para a súa conclusión

Un total 15.000 persoas asistiron as proxección desta edición de Cineuropa nas catro salas nas que se desenvolve o festival: o Teatro Principal, o Salón Teatro, o CGAC e a Aula Sociocultural de Caixa Galicia. Un evento que o ano pasado conseguíu 24.795 asistentes. Aínda falta unha semana de proxeccións nas que poderá ver “No val de Elah”, un filme que xunto con “Redacted” de Brian de Palma, amosa unha ollada crítica coa actuación dos Estados Unidos en Irak e o último filme de Ken Loach. En canto ás puntuacións, encabeza a lista “The edge of heaven” (8) seguido polo empate entre “Xuntos nada máis” e o filme chino “A voda de Tuya” cun 7.9, e “a batalla por Haditha” cun 7.8.

Máis información no web de Cineuropa e na nosa hemeroteca

. Amplía a nova>>

23/11/2007
O Congreso dá luz verde ao proxecto da Lei do Cine que contempla máis axudas para o sector

Incentivos fiscais; axudas á exhibición para compensar a cota de pantalla; descrición do que é un produtor independente, figura coa que traballarán as televisións se queren recibir axudas para facer as súas películas; un fondo para apoiar filmes feito sen galego... son algunhas das medidas que contempla a nova Lei do Cine. Un texto xurídico que onte foi aprobado polo Pleno do Congreso despois de ser tramitado polo procedemento de urxencia. Resta agora a súa aprobación polo Senado e podería entrar en vigor este mesmo ano.

Máis información en El País; consulta o texto presentado, así como as enmendas no web do Congreso e sobre a reacción galega na nosa hemeroteca

. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org