Novas | 3141 a 3150 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

12/12/2007
O Clúster dinamizará no 2008 aqueles aspectos audiovisuais que teñen que ver coa rede

O Clúster Audiovisual acaba de dar a coñecer os proxectos máis inmediatos para o 2008. O primeiro deles é a posta en marcha da Plataforma Tecnolóxica Audiovisual Galega, que pretende impulsar todos aqueles produtos relacionados coas tecnoloxías audiovisuais en rede. Principalmente en tres ámbitos: formatos e deseño de contidos; animación e xogos; e sistemas avanzados para a produción e a xestión. Canda esta novidade, o Clúster porá en marcha o proxecto “Vixía” un servizo que pretende orientar as empresas nas súas tomas de decisión. Ademais, no 2008 o Clúster subirá á rede un catálogo sectorial.

Máis información no web do Clúster Clúster Audiovisual Galego

. Amplía a nova>>

12/12/2007
A curtametraxe da ferrolá Peque Varela foi seleccionada para Sundance

“1977” é o título do traballo de graduación da ferrolá Peque Varela na National Film and Television school´s de Londres. E o mesmo traballo que acaba de ser seleccionado para participar na vindeira edición do Sundance, o festival de cine independente por excelencia (Salt Lake City, 17-27 de xaneiro). O traballo é unha curtametraxe de animación que narra as impresións dunha rapaza que se sinte excluída e inicia un camño de autodestrucción.

Máis información no Diario de Ferrol e no web do Sundance

. Amplía a nova>>

12/12/2007
A Axencia Audiovisual Galega cumpre un ano e anuncia cambios nas subvencións

Naceu para ser o organismo que coordinara a política audiovisual da Consellaría de Cultura e Deporte. A Axencia Audiovisual Galega cumpre un ano e publica un informe para facer balance da súa curta andaina. Entre as actividades desenvolvidas destaca as campañas de promoción e recuperación do patrimonio audiovisual que estenden as nosas fronteiras. Ademais, o director da Axencia, Manolo González, explica en “La Voz de Galicia” que o ano que vén traerá cambios nas subvencións que concede esta consellaría. Haberá axudas para creadores, que serán de carácter anticipado, e outras destinadas á industria. Neste segundo caso, serán axudas automáticas que se establecerán en función de todas as ventás de explotación dunha produción audiovisual, que vai desde a entrada no cine ata o número de espectadores en televisión.

Máis información no web da Axencia Audiovisual Galega sobre as actividades deste primeiro ano e en La Voz de Galicia . Amplía a nova>>

10/12/2007
Filmanova presenta o seu documental sobre a emisora de radio dun psiquiátrico arxentino no Festival de Cuba

As coproducións galegas “LT22 Radio La Colifata”(Filmanova) e “O neno de barro” (Adivina Producciones) fan parte do programa desta edición do Festival de Novo Cine Latinoamericano de La Habana (4-14 de decembro). Un certame que tamén contou coa presenza do director xeral de Comunicación Audiovisual. Manuel José Fernández Iglesias, o director-xerente do Consorcio Audiovisual de Galicia, Nacho Varela e o director de Relacións Externas da CRTVG, Pastor Lorenzo que aproveitaron a suá presenza para defender un modelo sen fronteiras e coa marca da galeguidade

Máis información no web da Xunta e en AVG sobre LT22 Radio La Colifata

. Amplía a nova>>

05/12/2007
Catro proxectos galegos reciben axudas do programa Ibermedia

A Axencia Audiovisual Galega acaba de publicar os resultados da segunda convocatoria de axudas do programa Ibermedia. A longametraxe dixital de Tic-Tac Producciones, “Tras as luces” de Sandra sanchez (tic-tac producciones) recibiu unha axuda a desenvolvemento. Mentres que o documental “Vienen por el oro, vienen por todo” de Pablo D´Alo Abba e Cristian Harbaruk (Tic-Tac Producciones), “Entre a dor e a nada de Alberto Graça (Ficción producciones) e “Recursos Humanos” de Jaime Escallón Buraglia recibiron axudas a coprodución.

Máis información no web da Axencia Audiovisual Galega e no do Programa Ibermedia

. Amplía a nova>>

05/12/2007
Cineuropa premia a produción “The Edge of heaven” e bate marcas de asistencia

Uns 30.000 espectadores encheron as salas dos cinco recintos que o Concello de Santiago habilitou para esta edición de Cineuropa. É a cifra máis alta de participación dun certame no que o público é quen decide cal é a cinta gañadora. Este ano a produción xermano-turca “The Edge of heaven” foi a vencedora con 8 puntos, seguida da francesa “Xuntos e mais nada” de Claude Bearri cun 7.9. Na categoría de "Panorama Internacional", o primeiro posto foi para a coprodución libano-francesa “Caramel” e na sección "Norteamérica: cine e poder" foi “Mundo Asia” a que obtivo a mellor puntuación.

Máis información en Cineuropa, os 15.000 espectadores a falta dunha semana do festival nesta nova e máis sobre o festival na nosa hemeroteca

. Amplía a nova>>

04/12/2007
A Academia Galega do Audiovisual mantén os mesmos criterios na sexta convocatoria dos Mestre Mateo

As mellores producións do 2007. Isto é o que pretende recoñecer a Academia Galega do Audiovisual na convocatoria dos seus premios anuais, os Mestre Mateo. As bases manteñen as mesmas categorías (27) e os mesmos criterios quen a última edición, na que os socios da academia eran os que decidían as mellores produccións. O prazo para recepción de candidaturas rematan o vindeiro 2 de xaneiro.

Máis información no web da Academia Galega do Audiovisual

. Amplía a nova>>

04/12/2007
Un libro documenta as rodaxes feitas en Galicia

No 2008 estrearanse catro películas rodadas en Galicia. Un feito que evidencia o tirón do país como prató de rodaxe. Precisamente a mesma tese que defende o libro “Rodado en Galicia” cuxo autor, Miguel Anxo Fernández, documenta ata 174 producións nas que se pode ver o país desde 1916. O libro é unha reedición que está ampliado e inclúe un DVD e pretende ser renovado de xeito periódico. O volume foi impulsado pola Fundación Caixa Galicia e o Consorcio Audiovisual Galego.

Máis información en La Voz de Galicia

. Amplía a nova>>

03/12/2007
A Axencia Galega do Audiovisual recupera 300 horas de filmacións domésticas en 8 milímetros

Gravadas en 8 milímetros, desde 1932 e filmadas na casa. Son os requisitos que cumpren as trescentas horas que acaba de recuperar a Consellaría de Cultura, a través da Axencia Galega do Audiovisual, na súa campaña “Cine de 8 mm, memoria do século XX”. A campaña, respaldada pola produtora coruñesa IB Cinema, ten como obxectivo recuperar imaxes de Galicia e pretende salvar da desaparición películas orixinais realizadas por afeccionados.

Máis información en El País

. Amplía a nova>>

03/12/2007
Cultura crea unha rede para exhibir producións audiovisuais non comerciais

Un dos principais problemas que ten o sector audiovisual galego na actualidade é o da exhibición. Por iso, a Consellaría de Cultura, a través da Axencia Audiovisual Galega, presenta REDestreas, un circuíto de exhibición destinado a curtametraxes, documentais ou produción alternativa non comercial. Un programa que nace coa implicación das cidades da Coruña (no Forum Metropolitano), Pontevedra (no Teatro Principal), Ourense (no Auditorio de Ourense) e Santiago (no Centro Sociocultural das Fontiñas ou Teatro Principal-para estreas colectivas-), Vigo (Auditorio Municipal) e Cambados (Centro Comarcal do Salnés).

Máis información no web da Axencia Audiovisual Galega

. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org