Uns 30.000 espectadores encheron as salas dos cinco recintos que o Concello de Santiago habilitou para esta edición de Cineuropa. É a cifra máis alta de participación dun certame no que o público é quen decide cal é a cinta gañadora. Este ano a produción xermano-turca The Edge of heaven foi a vencedora con 8 puntos, seguida da francesa Xuntos e mais nada de Claude Bearri cun 7.9. Na categoría de "Panorama Internacional", o primeiro posto foi para a coprodución libano-francesa Caramel e na sección "Norteamérica: cine e poder" foi Mundo Asia a que obtivo a mellor puntuación.
Máis información en Cineuropa, os 15.000 espectadores a falta dunha semana do festival nesta nova e máis sobre o festival na nosa hemeroteca








