O Clúster Audiovisual acaba de dar a coñecer os proxectos máis inmediatos para o 2008. O primeiro deles é a posta en marcha da Plataforma Tecnolóxica Audiovisual Galega, que pretende impulsar todos aqueles produtos relacionados coas tecnoloxías audiovisuais en rede. Principalmente en tres ámbitos: formatos e deseño de contidos; animación e xogos; e sistemas avanzados para a produción e a xestión. Canda esta novidade, o Clúster porá en marcha o proxecto Vixía un servizo que pretende orientar as empresas nas súas tomas de decisión. Ademais, no 2008 o Clúster subirá á rede un catálogo sectorial.
Máis información no web do Clúster Clúster Audiovisual Galego








