Gravadas en 8 milímetros, desde 1932 e filmadas na casa. Son os requisitos que cumpren as trescentas horas que acaba de recuperar a Consellaría de Cultura, a través da Axencia Galega do Audiovisual, na súa campaña Cine de 8 mm, memoria do século XX. A campaña, respaldada pola produtora coruñesa IB Cinema, ten como obxectivo recuperar imaxes de Galicia e pretende salvar da desaparición películas orixinais realizadas por afeccionados.
Máis información en El País








