Novas | 3131 a 3140 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

20/12/2007
A curtametraxe “O inquilino” inaugura o sábado REDestreas

“O inquilino” é unha curtametraxe de David González que conta a historia de dous universitarios que buscan un compañeiro para o terceiro dormitorio do seu piso de alugueiro. Pero tamén é o primeiro traballo que inaugura este sábado 22 (Auditorio Municipal, ás 20:00 horas) o circuíto REDestreas que impulsa a Axencia Audiovisual Galega en colaboración coas concellarías de cultura de varias cidades. A actividade contará ademais cun sistema de descarga Bluetooth do traballo a través do móbil.

Máis información no web da Axencia e sobre REDestreas na nosa nova

. Amplía a nova>>

19/12/2007
A Academia retira a candidatura de Piti Sanz e Luis Tosar ao Goya por non cumprir as bases

Luis Tosar e Piti Sanz non poderán levar o Goya a mellor canción orixinal. Principalmente porque a Xunta da Academia das Artes e da Cinematografía, despois de escoitar a comisión de música, acaba de determinar que non cumpren os requisitos establecidos e procede a retirar a súa candidatura. As bases especifican que tanto a música como a letra han de ser orixinais e creadas expresamente para o filme, deben ser claramente audibles ao longo do filme e deben figurar nos títulos de crédito.

Máis información no web da Academia e sobre as candidaturas na nosa nova

. Amplía a nova>>

18/12/2007
A crise do cine obrigou a pechar este ano 24 pantallas de cine en Galicia

Novocine en Ourense, Cines do Deza en Lalín, Yelmo Cineplex en Lugo e Multicines Compostela en Santiago (desde este xoves) son algúns dos cines que pecharon ao longo do presente ano. A redución da oferta é unha consecuencia da mingua da asistencia a salas de cine no noso país un 15%, tal e como anunciou a Asociación Galega de Empresarios de Cine. Cos peches anunciados ao longo do ano, a oferta cinematográfica queda nunha media de 67 salas por millón de habitantes, lonxe das 90 salas que quedan no conxunto do Estado.

Máis información en La Voz de Galicia e na nosa hemeroteca

. Amplía a nova>>

17/12/2007
Presentada na FNAC "Oculta identidade", a primeira serie galega por internet

Cristian Pazos é un estudante de produción da Escola de Imaxe e Son que desaparece misteriosamente. Os seus amigos, canda a policía, inician a súa busca en momentos de angustia e intriga. Este é o argumento de "Oculta identidade", a serie que poñen en marcha un grupo de alumnos da Escola de Imaxe e Son da Coruña. A súa principal peculiaridade é que non se emitirá en televisión, senón que para seguila deberás facelo a través da rede.

Máis información no web da serie. Amplía a nova>>

17/12/2007
A viguesa María Vázquez é candidata ao Goya de actriz de reparto por “Mataharis”

María Vázquez (Vigo, 1979) é candidata ao Goya como mellor actriz de reparto pola súa actuación en “Mataharis”. A película de Iciar Bollaín tamén deixa outra posibilidade para Galicia, neste caso a de Luís Tosar, Piti Sanz e Santiago García de Leániz que son candidatos á mellor canción orixinal. Como non era de estrañar, na categoría de mellor película de animación hai unha produción do país, neste caso a finalista é “Nocturna, unha aventura máxica” de Fílmax. Estas candidaturas súmanse ás xa sabidas, ás dúas no campo de curtametraxes de animación.

Máis información sobre María Vázquez, Luís Tosar, Piti Sanz e Nocturna en AVG e sobre os Goya na nosa hemeroteca

. Amplía a nova>>

17/12/2007
Un ciclo achega as transicións de diferentes países a través de documentais

“O desencanto” de Jaime Chávarri, “O tren da memoria” de Marta Arribas e Ana Pérez, “Chile, a memoria obstinada” de Patricio Guzmán ou “November” de Hito Steyerl teñen en común que son filmes que recollen a transición democrática dos seus países. Todos eles forman parte do ciclo “Imaginarios en tránsito” que comeza hoxe no Centro Galego de Arte Contemporánea e que, ademais das proxeccións, inclúe unha mesa redonda (venres, 21) coa presenza de Virginia Villaplana, Pedro Ortuño e María Ruido.

Máis información no web do CGAC

. Amplía a nova>>

14/12/2007
A Academia presenta unha revista na que fai un estado da cuestión do sector audiovisual

“Os Papeis da Academia” é o título da publicación que estrea a Academia Galega do Audiovisual co obxectivo de servir de foro de reflexión sobre o sector. No primeiro número recolle un estado da cuestión sobre o que aconteceu no último ano neste eido, ademais de incluír a relación de axudas públicas que conceden as dúas áreas de goberno competentes na materia (secretaría xeral de Comunicación e a consellaría de Cultura), así como diferentes artigos de opinión.

Máis información no web da Academia

. Amplía a nova>>

14/12/2007
Políticos e técnicos ourensáns discrepan na televisión sobre a última edición do Festival de Cine

Desunión. Este foi o balance do programa “Punto Crítico” que emite Telemiño (televisión local de Ourense) que tiña como obxectivo analizar a última edición do festival de cine da cidade. Luis Martínez-Risco e Isabel Pérez, responsable e concelleira de Cultura, defenderon a necesidade do cambio de festival (lémbrese que este ano levaba o lema de “Reinventar un festival”) na procura dun proxecto distinto. Sen embargo, José Araújo, ex-concelleiro, critciou que a única liña era romper co traballo feito con anterioridade.

Máis información sobre o festival na nosa hemeroteca

. Amplía a nova>>

14/12/2007
A última produción de animación de Fílmax está adaptada para nenos invidentes e xordos

“Donkey Xote” é a última produción de Fílmax que chegou ás carteleiras o pasado 3 de decembro. Pero onte proxectouse nas salas de Oviedo, A Coruña, Valencia, Murcia e Pamplona dun xeito moi especial: adaptada para cegos e xordos. Unha forma pioneira para que as últimas producións de animación cheguen a todos os públicos.

Máis información sobre a produción na súa ficha

. Amplía a nova>>

13/12/2007
A Autónoma de Barcelona pretende achegar o documental á Coruña con diferentes actividades

A presentación dun DVD e diferentes actos servirán para que os responsables do Mestrado en documental creativo da Universidade Autónoma de Barcelona, a entidade máis destacada neste tipo de creación audiovisual no Estado, reflexione sobre o futuro da non ficcion. Entre as actividades previstas destaca a presentación de “10d10”, un DVD que recolle os dez traballos representativos desenvolvidos na clase e que foron premiados en diversos certames.

Máis información no web da Xunta

. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org