María Vázquez (Vigo, 1979) é candidata ao Goya como mellor actriz de reparto pola súa actuación en Mataharis. A película de Iciar Bollaín tamén deixa outra posibilidade para Galicia, neste caso a de Luís Tosar, Piti Sanz e Santiago García de Leániz que son candidatos á mellor canción orixinal. Como non era de estrañar, na categoría de mellor película de animación hai unha produción do país, neste caso a finalista é Nocturna, unha aventura máxica de Fílmax. Estas candidaturas súmanse ás xa sabidas, ás dúas no campo de curtametraxes de animación.
Máis información sobre María Vázquez, Luís Tosar, Piti Sanz e Nocturna en AVG e sobre os Goya na nosa hemeroteca








