Novas | 3121 a 3130 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

17/01/2008
Limaía presenta un mestrado de animación en 2D

A oferta formativa no eido audiovisual en Galicia conta cunha nova entrada. A empresa ourensá Limaía Producións acaba de anunciar a creación dun mestrado especializado en animación tradiciónal, en dúas dimensións. O curso conta con 800 horas de duración e impartirase nas instalacións que a produtora ten en Ourense.

Máis información no web de Limaía

. Amplía a nova>>

15/01/2008
Tres producións de Continental asisten ao Future Film Festival de Boloña

As longametraxes “De Profundis”, “A crise carnívora” e a curtametraxe “A flor máis grande do mundo” participan no Future Film Festival que se desenvolve ata o 20 de xaneiro en Boloña. Os dous traballos de Continental fan parte da sección coa que o festival quere facer unha panorámica da animación española. “De profundis”, tamén da productora coruñesa, foi seleccionada para participar en Anifest 2008, o certame de animación que se celebra na República Checa.

Máis información nas fichas de A flor máis grande do mundo, De profundis e A crise carnívora

. Amplía a nova>>

14/01/2008
A Escola de Relacións Laborais acollerá un curso de formación de profesorado en cine

O cine ten unha función didáctica innegable. Por iso, Nova Escola Galega e a Asociación Cultural Sine Nomine acaban de convocar unha nova edición do seu curso “A guerra contin(ú)a” para incorporar o cine documental nas aulas. O programa comezará o 17 de xaneiro e contará con proxeccións comentadas. O escritor e xornalista Anxo Murado e a xornalista da TVG, Ana Expósito, son algúns dos nomes que fan parte deste ciclo.

Máis información no web da Nova Escola Galega

. Amplía a nova>>

11/01/2008
A Comisión Europea inicia un proceso de consulta para revisar o financiamento dos medios públicos

A afirmación do presidente da República Francesa, Nicolás Sarkozy, de que os anuncios poderían desaparecer das televisións públicas, coincide no tempo coa consulta que acaba de iniciar sobre o modelo de financiamento dos servizos públicos de radio e de televisión. A consulta é previa a que a Comisión elabore unha proposición sobre o sector que fará pública ao longo deste ano.

Consulta o web da Comisión Europea

. Amplía a nova>>

08/01/2008
O CGAI comeza a programación do ano cun ciclo sobre Woody Allen

Comeza o ano. E con el diferentes ciclos de cine. Dunha banda, o Centro Galego de Artes da Imaxe e a Fundación Barrié presentan catro filmes de Woody Allen (ata o xoves 10, na sede do CGAI ás 20:30 horas) como complemento á actuación musical que o director ofreceu na cidade herculina a semana pasada. Ademais, o Concello de Santiago volve programar o ciclo “Cinema e dereitos humanos.” Camiño a Guantánamo de Michael Winterbottom e Mat Whitecross, Bloody Sunday, de Paul Greengrass, El Polaquito, de Juan Carlos Desanzo son algúns dos títulos que se poderán ver neste ciclo que se desenvolve ata o venres no Teatro Principal (sesións 20:15 e 22:15).

Máis información no web do CGAI e no de Compostelacultura.org

. Amplía a nova>>

08/01/2008
Directores de festivais de cine galegos reflexionan sobre o seu futuro

Redefinir os seus contidos para evitar duplicidades, procurar non coincidir no tempo e, o que é máis importante, servir de plataforma para que a industria galega permita ter coproducións, mercado e formación. Estes son os obxectivos que deben procurar os festivais galegos segundo debateron os responsables destes eventos nunha mesa redonda convocada pola revista “Audiovisual Galego” no seu último número. Alí, Enrique Nicanor, director do Festival de Cine de Ourense, comentou que o futuro deste certame pasa por achegar a industria do país a Latinoamérica e por contar con maiores sesións de formación e mercado.

Máis información no web da Revista do Audiovisual Galego

. Amplía a nova>>

07/01/2008
A segunda cadea de Televisión de Galicia comezará a emitir o 25 de xullo

G2. Este é o nome que ten a segunda cadea que Televisión de Galicia porá en marcha o 25 de xullo deste ano. É o primeiro paso que dá o ente público na transición á televisión dixital, ante a desaparición da analóxica prevista para abril de 2010. A nova canle suporá un incremento do gasto da TVG que aínda está sen precisar. O anuncio chega no momento no que o Partido Popular denuncia a “peor” audiencia na historia do ente público.

Máis información en La Voz de Galicia, en A Nosa Terra, en El País e na nosa nova sobre as catro canles para a TVG

. Amplía a nova>>

27/12/2007
Cincuenta localidades participan nunha nova edición de “Curtas no Nadal”

A Consellaría de Cultura retoma o programa “Curtas no Nadal” para achegar este xénero por todo o país. Un total de cincuenta localidades fan parte deste proxecto que pretende crear unha rede de distribución alternativa que permita abrir novas saídas e unha maior difusión para as curtametraxes.

Máis información no web da Consellaría de Cultura

. Amplía a nova>>

27/12/2007
Ficción Produciones e Audiovisual de Servizo Kairos organiza unha noite de proxeccións con tres curtas

“Van de Sobra, todo un personaxe” dirixida por Ángel Regueiro; “Man”, dirixido por Abraldes e Luís “Faraón” e “Norutol (vía oral)”, de José M. Vázquez e Martín Cañedo conforman o cartel de “Noite de ficción”. Unha xornada (xoves 27 ás 20:00 horas no Auditorio Carlos V do San Francisco Hotel Monumento de Santiago) na que darán a coñecer estes traballos da súa factoría e que redunda na súa intención de entender a curta como unha plataforma idónea para o despegamento de talentos.

Máis información no web da Ficción Producciones

. Amplía a nova>>

21/12/2007
O Congreso aproba a Lei do Cine que non recoñece como español o filme dirixido por un estranxeiro

A Lei do Cine xa é unha realidade. Tramitada durante a época de Carmen Calvo e aprobada con César Antonio Molina como titular de Cultura, apróbase a lei que regula a produción e exhibición da cinematografía estatal. O texto sae do Senado incluíndo melloras para o cine de animación e o sector da exhibición e eliminou a máis polémica: a que recoñecía como produción española (e polo tanto susceptible de recibir axudas públicas) con independencia da nacionalidade do seu director.

Máis información na nosa hemeroteca

. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org