As longametraxes De Profundis, A crise carnívora e a curtametraxe A flor máis grande do mundo participan no Future Film Festival que se desenvolve ata o 20 de xaneiro en Boloña. Os dous traballos de Continental fan parte da sección coa que o festival quere facer unha panorámica da animación española. De profundis, tamén da productora coruñesa, foi seleccionada para participar en Anifest 2008, o certame de animación que se celebra na República Checa.
Máis información nas fichas de A flor máis grande do mundo, De profundis e A crise carnívora








